Novas Centro

TITORIAIS ABALAR MÓBIL:

Abalar Móbil

 
 

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

Guía para as familias


Instalación e rexistro de Abalar Móbil

 

Funcionalidades de Abalar Móbil

 

Para calquera dúbida sobre a procedemento de solicitude, ou de uso, pódese contactar coa Unidade de Atención a Centros:

 

 

ABALAR MÓBIL:

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil ou tablet.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

Se queredes saber cómo funciona, PINCHADE NA IMAXE e iredes a distintas manuais de axuda.

Poden ver aquí unha guía:

GUÍA-TITORIAL APLICACIÓN ABALAR MÓBIL

abalar

DESCARGA ANDROID: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.xunta.edu.abalarmobil

DESCARGA IOS (IPHONE, IPAD, MAC): https://apps.apple.com/es/app/abalarmobil/id660608502

 

FUNCIONALIDADES ABALAR

AXUDAS PARA A DISTRIBUCIÓN DE MASCARILLAS AO ALUMNADO:

 

Axudas mascarillas

 

Axudas para a distribución de mascarillas a alumnado

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

 

Destinatarios:

  • Alumnado de Primaria e Secundaria
  • Ser beneficiacio de axuda de material escolar ou Renda per cápita menor ou igual a 6000€
  • ou ter unha discapacidade igual ou maior ao 65%

 

 

Renda

Datos da Renda do 2018 dividido entre membros computables, tendo en conta que:

  • discapacitados de 33% contan por 2
  • en casos de custodia compartida contan os 2 pais como membros da unidade familiar

 

 

Presentación da solicitude

 

A presentación da axuda farase do 14 ao 25 de novembro no centro docente co modelo "Anexo I" dispoñible en sede.xunta.gal (ED330E)

 

 

NOTA: Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar no curso 2020-21, polo que no precisan facer ningunha xestión.

 

 As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

a) Solicitude, Anexo I. Dispoñible no centro educativo, na web do centro e no portal educativo, enderezo http.//www.edu.xunta.gal.

b) Anexo II ( Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).

c) Copia do Libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e demais membros computables da unidade familiar.

d) No caso de separación ou divorcio deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do menor.

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes publicarase o 30 de novembro unha listaxe provisional de excluídos. Esta listaxe publicarase no interior do recinto escolar. Contra a mesma poderanse formular alegacións no propio centro educativo nos dous días hábiles seguintes.

O 3 de decembro publicarase a listaxe definitiva de excluídos.

Máis info aquí, no DOG.

 

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE AS ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

En aplicación da Resolución do 22 de outubro de 2020, da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se adia a celebración das eleccións para a renovación dos membros dos Consellos Escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos, queda aprazado o proceso ata nova orde.

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR:

CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA, ESO E EDUCACIÓN ESPECIAL PARA O CURSO ESCOLAR 2020/2021

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

Prazo de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020 (incluídos)

HORARIO: de 10 a 13 horas

 

Documentación:

 * Anexo I (Solicitude)

 * Anexo II (Comprobación de datos dos membros computables da unidade Familiar)

 * Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento.

 

VER MÁIS INFORMACIÓN

 

VER ANEXOS

 

 

IMPORTANTE! NOTAS INFORMATIVAS:

NOVAS:

COMPENSACIÓN A USUARIOS DO COMEDOR:

A consellaría  devolve ás familias por cada neno 2,5€ (aos que non pagan) e 1,5€ (aos que pagan 1€) por cada día que non houbo comedor.

Se precisan axuda para realizar a solicitude, poden chamar ao 988310631, de 10 a 13 h

Ver máis información

 

NOTAS 2º TRIMESTRE:

Infórmase ás familias que as cualificacións do segundo trimestre estarán dispoñibles a partires do venres 3 de abril na aplicación Abalar Móbil.

Para a avaliación deste 2º trimestre teranse en conta todas as actividades, controis, tarefas... realizadas ata o venres 13 de marzo.

Todas as actividades realizadas a partir desta data teñen carácter voluntario e non avaliables.

NOVIDADE: "PORTAL DAS FAMILIAS"

Educación abre un «portal das familias» con toda la información práctica escolar

En la web se puede consultar el sistema de acceso a cada etapa, becas y premios, la tramitación de títulos o el Abalarmóbil

ACCESO NOTICIA: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/educacion/2019/11/04/educacion-abre-portal-das-familias-informacion-practica-escolar/00031572859859569249958.htm

PORTAL DAS FAMILIAS

BENVIDOS/AS AO CURSO 2019-2020:

Queremos dar a benvida a toda a Comunidade educativa a un novo curso 2019-2020.

As clases comezarán o próximo mércores 11 de setembro no horario habitual (9:30h)

Os pais e nais poden subir os libros e outros materiais ás aulas de 9:30h a 10h cos titores de cada grupo.

O alumnado permanecerá no patio ata as 10h.

Sairemos igualmente ás 14:30h os que van comer á casa ou ás 15:30h o alumnado usuario de comedor escolar.

PLAN PROXECTA: ALIMENTÁNDONOS CON XEITO

PLAN PROXECTA ALIMÉNTATE BEN CURSO 2018-19

 

TÍTULO DO PROXECTO :ALIMENTÁNDONOS CON XEITO


Levamos anos no noso colexio participando en diferentes actividades de alimentación intentando concienciar aos alumnos sobre unha boa alimentación, para mellorar os hábitos relacionados coa inxesta dunha comida sa. Ademais de telo xa establecido no comedor escolar, e como norma para as diferentes merendas durante a semana, dámonos conta que tamén é preciso concienciar as familias e loitar contra o mundo da publicidade que poida condicionar a alimentación dos nosos alumnos coa comida rápida ou precociñada, o exceso de azucre, ás merendas con bolería industrial, ao exceso de lambetadas...que provocan un grave problema de obesidade e de diferentes trastornos . Polo tanto, os mestres que decidimos participar neste proxecto, expómonos este proxecto para traballar aspectos relacionados co coñecemento e consumo da froita, dos lácteos, do consumo de produtos exentos de propiedades prexudiciais no crecemento dos alumnos. Aproveitar o movemento que esta xurdindo na sociedade dunha alimentación ecolóxica para comezar a traballar aspectos relacionados con eses produtos e os seus beneficios para a saúde. É importante que dende a escola traballemos estes aspectos, e intentaremos que as familias sexan partícipes no proxecto.

 

 

Como colofón ao Proxecto fixemos unha presentación con fotos e vídeos de case todas as actividades desenvolvidas ao longo do proxecto e do curso e pode verse nesta ligazón:

https://drive.google.com/file/d/1LCQod8iltUVRezWjnpU81FiF7ZJjxCv0/view?usp=sharing

 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer