Novas Centro

CREACTIVITY

Os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria poderán disfrutar este martes 28 de setembro dun obradoiro itinerante co que se pretende espertar o enxeño, a destreza e a creatividade de nenos e nenas. Mais información na páxina web da Obra Social "La Caixa" e premendo na seguinte imaxe:

 

 

Protocolo e medidas de seguridade e hixiene do obradoiro Creactivity

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

Como cada inicio de curso, este ano cada titor/a terá unha reunión informativa cos pais/nais/titores legais do alumnado da súa titoría. Para mais información prema na seguinte imaxe:

 

APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES DO COMEDOR ESCOLAR

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes para colaborar como voluntarios no comedor escolar para o curso 2021-2022. Para mais información prema na imaxe:

 

NOVO AVISO FONDO LIBROS

Recibidos as adquisicións complementarias para o Fondo de Libros Solidarios, dende o día de hoxe ata o venres día 23 de xullo, xa se pode pasar a recoller os lotes de libros de 3º curso. 

 

AVISO: FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

Xa está publicada a listaxe definitiva de admitidos do Fondo Solidario de Libros de texto para 3º e 4º de Educación Primaria. Farase entrega dos libros aos alumnos  de 4º dende o luns 19 de xullo ata o mércores 21 de xullo. Avisarase das datas de reparto para os alumnos de 3º. 

LISTAXE PROVISONAL ADMITIDOS FONDO LIBROS

 

Comunícase que están publicadas no taboleiro de anuncios do centro a listaxe provisonal de alumnos de 3º e 4º nivel de Educación Primaria admitidos no fondo libros. Ábrese desde hoxe un prazo de dous días para posibles reclamacións. A listaxe definitiva será publicada o xoves día 15 de xullo de 2021. A entrega de libros realizarase a vindeira semana en horario de 09:30 horas a 13:30 horas. 

NOVO SISTEMA DE INFORMACIÓN

Dende o CEIP Manuel Respino queremos por en marcha un novo sistema de información mais áxil e accesible para as familias a través da creación dunha listaxe de difusión de whatsap.

Para mais información premer na seguinte ligazón:                                                                  

                                                          

As autorizacións estarán á vosa disposición no centro ou podense imprimir directamente dende a paxina web e entregalas asinadas antes do 23 de xullo na secretaría en horario de mañá ou depositalas no buzón da cancela principal fóra do horario de apertura do centro.

CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E PROMOCIÓN PARA O CURSO 2020-2021:

Tal como se informou nas respectivas reunións colectivas e en vistas a unha nova sesión de avaliación facemos públicos os criterios de cualificación de cada área en cada curso de Educación Primaria:

1º EDUCACIÓN PRIMARIA.

2º EDUCACIÓN PRIMARIA.

3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

4º EDUCACIÓN PRIMARIA.

5º EDUCACIÓN PRIMARIA.

6º EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

 

Asemade, facemos públicos os criterios de promoción aprobados pola Comisión de Coordinación Pedagóxica no presente curso:

 

-          Un alumno/a promociona de curso, sempre e  cando teña un máximo de 2 áreas suspensas, sempre que esas dúas áreas non sexan áreas instrumentais: Matemáticas, Lingua Galega e/ou Lingua Castelá.

 

     

 

     En canto aos criterios para establecer Mención honorífica (só no caso de 6º de Educación Primaria), foron aprobados os seguintes:

 

    -          Criterio xeral:

 

o   Nota mínima dun 9 na nota media xeral do curso.

 

-          Criterio en caso de empate:

 

o   Maior nota media en 5º de Primaria. 

 

     -         Número máximo de Mencións honoríficas: o 20% do alumnado.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer