5º Curso

"MATES NO SÚPER"

O luns 14 de novembro o alumnado de 5º de Educación Primaria puido realizar unha actividade relacionada cos números decimais e a alimentación saudable no supermercado Eroski de A Rúa. 

Moi agradecidos pola actividade!

 

 

OBRADOIRO DE CIENCIAS NATURAIS: "A CÉLULA"

O pasado mércores 5 de outubro de 2022 o alumnado de quinto de primaria levou a cabo un obradoiro no comedor escolar para entender mellor o concepto de célula e os seus elementos.

Para isto, empregamos froita, que funcionaba como núcleo (a metade dun pexego) e os orgánulos (trozos de mazá, ameixa e plátano). O citoplasma era representado pola xelatina con sabor a amorodo.

Podemos ver aquí un collage con algunhas das fotos:

 

FOTOS DO 1º DÍA - AULA 5º PRIMARIA

 

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ

(IMPORTANTE!! Accede premendo no botón gris da dereita "Iniciar sesión como convidado")

ORIENTACIÓN ESPACIAL

A Agrupación Deportiva Escolar Valdeorras e o club Pena Trevinca Barco organizan o sábado 18 de xuño ás 11 h a actividade Xornada Escolar de Orientación XOGADE en Valdeorras”, no paseo do Malecón na área recreativa do Barco de Valdeorras. Para mais información podedes acceder á súa paxina web no seguinte enlace:

https://clubtrevincabarco.org/club/xornada-escolar-de-orientacion-xogade/

 


 

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer