5º Curso

ENCONTRO CON... LEDICIA COSTAS

Durante o segundo trimestre do presente curso, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria lemos o libro "O neno de lume" da escritora viguesa, Ledicia Costas. Na mañá do martes 23 de maio tivemos a sorte de contar coa autora na Biblioteca do centro, quen lles relatou como comezara a escribir e como se podía vivir de escribir libros. Logo tivo lugar unha quenda de preguntas que a escritora foi respondendo de xeito individual e, finalmente, asinoulles os libros ao alumnado que así o quixo, así como outros libros da autora que había na Biblioteca do centro e achegados polos mestres e mestras.

TIRO CON ARCO NO AGUILLÓN - 5º EP

Na mañá do luns 22 de maio, o alumnado de 5º de Primaria puido disfrutar dunha sesión de iniciación ao tiro con arco da man de Cristina Delgado e Diego Fernández, do club rués "Arqueiros do Sil". Dita actividade levouse a cabo nas instalacións ubicadas no Aguillón (A Rúa).

ESPAZO WEB: A RECICLAXE

Tras un proceso de investigación pola Internet, o alumnado de 5º curso do CEIP Manuel Respino, coordinados polo seu mestre, seleccionaron uns enlaces interesantes respondendo a unha serie de preguntas importantes sobre a reciclaxe.

Para ver o noso espazo web preme na seguinte imaxe:

 

PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria tivo a oportunidade de partcipar nas charlas sobre a prevencion do acoso escolar como parte do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade dos Centros Educativos do Ministerio do Interior:

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer