5ºB

CHARLA SOBRE O ACOSO

O día 20 de novembro, dous membros da Policía Nacional viñeron á nosa aula para falarnos sobre o acoso. Fixemos unha dinámica coa que aprendemos que cando pensamos nos demais e nos axudamos, conseguimos que todo vaia mellor. Aprendemos tamén que hai unhas palabras que identifican o acoso e que se todos e todas nos poñemos da parte da vítima, acabaremos con el. Foi unha charla estupenda e seguro que vai axudarnos moito!

Dámoslles as grazas aos policías que viñeron, porque fiixeron que a actividade fose moi amena ao tempo que aprendemos moitísimo.

A SANTA COMPAÑA

Achégase o Samaín, tempo de historias de medo. Como estivemos traballando o historia da Santa Compaña, Antía, decidiu facer un traballo sobre esta lenda.

Poñémolo aquí para que todos e todas poidades PASAR MEDO!

(Premede nas imaxes nas que pon "audio"  e escoitaredes o que Antía nos conta.)

 

Concurso de Ciberseguridade

Non gañamos o concurso no que participamos o mércores 18 de outubro, pero aprendemos a protexer os nosos datos persoais dos ciberdelincuentes e a facer contrasinais fortes. Durante o concurso estivemos moi nerviosos, emocionados, ... . De 10 preguntas fallamos 3, unha por que non sabiamos donde estaban as preguntas nin as respostas. Ao final quedamos no posto 21 de 90 clases pero como xa sabemos: o importante e participar, non gañar.
A experiencia foi inesquecible!

Marcos 5ºB

Empezamos 5º

Comezamos un novo curso (e un novo ciclo!)

Esperamos levalo moi ben, aprender moitas cousas e, sobre todo, vivilo con compañeirismo, respecto, curiosidade e moita alegría.

 

Powered by Drupal - Design by artinet