1º Ciclo
INICIATIVAS CONCELLO BENESTAR SOCIAL
Ola familias!!!
Deixámosvos aquí información sobre algunhas iniciativas que está levando a cabo o Concello no período da cuarentena: servicio de voluntariado, programa de beca comedor, talón restaurante, actividades infantiles, canguros a domicilo, entre outras.
Esperamos que os sexa de utilidade!!
"TUTIRA MAI NGA IWI": CANCIÓN MAORÍ POR LA AMISTAD Y LA PAZ
Deixamos aquí a letra desta canción interpretada polo grupo Pica Pica na lingua maorí e coa tradución ao galego.
"PRÍNCIPAS E PRINCESOS" E "A PIRATA ESCARLATA"
"Faise saber que se buscan príncipes rosas e princesas azuis!!...
Así comezou hoxe a animación de Pablísimo para falar da igualdade de xénero. A través de diferentes contos e historias axudou ao alumnado do 1º Ciclo a caer na conta de que pode haber príncipes, princesas ou princesos de calquera tipo e que todos e todas son igual de importantes.
Pasámolo de marabilla e para mostra, este vídeo da adaptación do conto "A princesa e o chícharo", no que tamén participou parte do alumnado formando unha orquestra moi especial.
O día 26 de novembro tivemos un contacontos sobre a IGUALDADE DE XÉNERO. Contóunolo Marisa Irimia e isto é o que opinamos.
Circular sobre o préstamo de libros para 3ºEP.
Estimadas familias de 2ºEP
Quero comunicarvos que o vindeiro curso, o alumnado de 3ºEP non poderá beneficiarse ao 100% do banco de libros Colexio-ANPA, tal e como o fixeron en cursos anteriores. Isto débese a que serán tres grupos en terceiro, e o banco está dotado para abastecer a un máximo de dous grupos por curso. Como director non vexo factible unha inversión para ampliar o banco de libros para un único ano. Polo tanto, animo a todas as familias de 2ºEP, a que solicitudes a axuda de Fondolibros, para así poder acceder ao banco de libros de 3º cos criterios que establece a convocatoria oficial. Posteriormente publicaremos a listaxe das familias que se beneficiarán do banco de libros, indicando os libros que recibiredes. Lóxicamente os libros no alcanzarán para cubrir todas as solicitudes, e as familias que non sexan beneficiarias deberán adquirilos pola súa conta.
Sen outro particular, quedo a vosa disposición para calquera dúbida ou aclaración.
A Coruña, 31 de maio de 2018.
O Director
ILUSTRACIÓNS DAS LETRAS GALEGAS 2018
Para homenaxear de xeito especial a Mª Victoria Moreno, no cole ilustramos fragmentos de distintos libros dela. Traballamos textos de "Eu conto, ti cantas", "Mar adiante" e "O cataventos" e con todos eles fixemos unha pequena exposición na entrada do Centro.
Aquí tedes o resultado.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »