1º Ciclo
Os de primeiro en Bonilla
O 18 de maio visitamos unha fábrica. É unha fábrica moi especial, alí fan as patacas fritas de "Bonilla a la vista". Foi unha visita moi práctica, curiosa e divertida, onde pudimos aprender todo o proceso que fan as patacas ata chegar ás tendas.
- APIs de Blogue
Contos pola igualdade
O martes e mércores, 30 de novembro e 1 de decembro, tivemos a oportunidade de participar nunha das actividades que o Concello programou dentro dos actos da conmemoración do Día contra a violencia de xénero. Concretamente tratábase dun contacontos para os alumnos de 1º a 4º de primaria. A continuación deixamos algunhas imaxes da actividade.
- APIs de Blogue
VISITAMOS BONILLA A LA VISTA
Os nenos e nenas de primeiro visitamos a fábrica de patacas fritidas "BONILLA A LA VISTA".
Estivemos moi atentos/as cando nos explicaron o proceso:
- As patacas están en sacos xigantes (1.200kilos!).
- Soben a bañeira por unha cinta e alí lávanas.
- Seguen a máquina picadora onde as cortan e lles sacan o amidón.
- A fritideira está pechada e parece un túnel.
- Cando están fritidas pasan a unhas bandexas para pesalas e empaquetalas.
- As bolsas colócanas en caixas para lévalas ao almacén.
- Alí están gardadas ata que as reparten aos supermercados, cafeterías e tendas de alimentación.
No almacén vimos outros productos que reparten cando levan as patacas: aceitunas, madalenas...
Cando rematamos a visita regaláronnos unha bolsa de patacas e un paquete de "gusanitos" que comemos cando chegamos ao colexio.
Que ricos estaban!
- APIs de Blogue
LUME!
O luns, día 3 de maio, asistimos no colexio a un espectáculo de títeres realizado polo grupo de teatro BABALUVA. A obra chamábase LUME! e contaba a historia dunha fraga na que vivían moitas árbores e tamén moitos animais. Pero un día, unha lapa con moita fame escapou dunha cachela e quería comer o carballo máis vello da fraga. Dona Landra , que era a presidenta da Comunidade de Veciños do Carballo Vello, conseguiu que o vento do Nordés trouxera unha nube chea de choiva e apagara a lapa. Así salvouse o Carballo e a fraga do lume e poideron vivir alí moitos anos máis os animais e as plantas.
A banda sonora desta obra estaba composta pola artista australiana MERRAN LAGINESTRA que ten unha grande esperiencia na creación da bandas sonoras para teatro de títeres.
Ao rematar a obra aplaudimos porque nos gustou.
DÍA DO LIBRO
O venres, 23 de abril, celebramos o día do libro no colexio. Ese día fomos o mercadillo de libros co noso vale para elexir dous libros e levalos para a nosa casa. Foi unha boa idea para poder intercambiar algúns dos nosos libros e así poder levar outros novos para as nosas casas.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »