SAMAÍN 23-24
XA ESTÁ AQUÍ O NOSO SAMAÍN...PARA 5º DE PRIMARIA O DÍA 27 DE OUTUBRO
PARA 6º DE PRIMARIA O DÍA 31 DE OUTUBRO
UNHA NOITE ESPECIAL...ÚNICA...E CHEA DE SORPRESAS...TERRORÍFICAS...
ENTREGA DE PREMIOS DA REAL ACADEMIA GALEGA
O pasado 17 de outubro acudimos á Fundación Luis Seoane ao acto de entrega de premios do concurso "Contádenos o voso Día das Letras Galegas", convocado pola Real Academia Galega, ao abeiro da Primavera das Letras.
O acto estivo presidido por Víctor Freixanes, director da RAG coa axuda de Fina Casalderrey, membro desa academia.
Dende aquí dámoslles as grazas pola súa acollida e polo cariño demostrado.
Deixamos aquí unha ligazón para acceder a esa información:
ENTREGA DE PREMIOS NA FUNDACIÓN LUIS SEOANE
A NOVA NO XORNAL "LA VOZ DE GALICIA"
RESOLUCIÓN DEFINITIVA BOLSAS COMEDOR
Deixamos aquí a ligazón á información remitida dende o Servizo de Comedores sobre a resolución definitiva das Bolsas de Comedor.
Información sobre Abalar Móbil
Abalar Móbil e a aplicación oficial da Consellería de Educación para comunicarte co colexio e co profesorado. Trátase dunha ferramenta básica que todas as nais e pais deberían ter instalada no seu teléfono intelixente para manter unha boa comunicación e información co centro educativo . Facendo clic na imaxe accedes a toda a información sobre esta aplicación. Nos códigos QR podes acceder directamente para instalar no teu dispositivo.
Enlace para la descarga de abalarMóbil en dispositivos Huawei
Coñecendo o deporte da esgrima
Durante tres días deste mes de outubro o mestre de EF e profesor de esgrima Antonio, amosou ao alumnado de 3ºEP a 6ºEP, as principais características deste deporte. O certo que a maioría desfrutaron moito con esta actividade, e algúns e algunhas continuarán participando na actividade extraescolar do centro. Finalmente agradecemos a Antonio a súa boa predisposición para realizar esta actividade.
PREMIO DA REAL ACADEMIA GALEGA
Parabéns! Somos un dos tres colexios galegos premiados pola Real Academia Galega como recoñecemento do traballo realizado para celebrar o Día das Letras Galegas.
Deixamos aquí ligazóns da páxina da RAG e tamén dun xornal da nosa cidade que se fixo eco da nova.
Felicitamos os colexios de Cangas e de Lourenzá tamén premiados e damos as grazas a toda a Comunidade Educativa, especialmente ao Equipo de Dinamización da Lingua e á súa coordinadora naquel momento, Bea, polo traballo tan ben feito e de xeito colaborativo implicando a todo o alumnado e profesorado.
Parabéns para todos e todas nós!
NOVA NO XORNAL "EL IDEAL GALLEGO"
Extraescolares; inscripción en natación 23/24
INICIO DAS CLASES
Estimadas familias, o vindeiro luns 11 de setembro iniciaremos as actividades lectivas no horario de costume, de 9h a 14h, coa excepción do periodo de adaptación para o alumnado de 4º de infantil, que contará durante a primeira semana cun horario especial que as familias implicadas xa coñecen.
Dende o primeiro día haberá servizo de madrugadores e comedor. Lóxicamente só poderá utilizalo o alumnado que previamente fora inscrito. As actividades extraescolares comezarán en outubro, a ANPA está a traballar no deseño do novo cadro de actividades, que publicaremos en canto esté finalizado.
Para facilitar o acceso neste primeiro día e durante o resto do curso a dirección achega esta CIRCULAR DE ENTRADAS E SAÍDAS con información detallada. Facendo clic na imaxe podedes ver a descrición de portas no plano do colexio.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »