6º Curso EP

"Como cambian os tempos"

O pasado mércores, 30 de outubro, impartironse nas tres aulas de sexto do noso centro escolar unha charlas co título de "Como cambian os tempos" .
Estas charlas están patrocinadas pola Asociación Cultural Tempo Novo de Elviña-Castro e pola Mesa pola Normalización do Idioma Galego. O ponente é Carlos García Casás, profesor de primaria e vocal de Tempo Novo.
Nestas charlas, cunha duración de cincuenta minutos, proxectouse un vídeo con imaxes da Galiza dos anos 60 e con poemas galegos de Curros, Celso Emilio e Cabanillas,  musicados polo propio Carlos García, e na que se deu unha visión de como era a vida nas aldeas galegas, a escola, o idioma, a alimentación, os costumes...
A intervención rematou cun coloquio co alumnado e co profesorado-titor.

Compartimos os traballos!

O alumnado de 5º e 6º de E.P. compartiu os traballos que elaborou durante o curso con diferentes clases de Educación Infantil e Primaria. Deseñaron os seus xogos e actividades pensando nas idades dos nenos/as con obxectivos diferentes como o repaso de contidos de matemáticas, lingua, ciencias sociais ou para divertirse.

Nestas sesións tamén puideron ensinar algúns dos obxectos que imprimiron tras facer o deseño en 3D.

Deste xeito o venres 14 de xuño acudiu á biblioLab un grupo de 6º de E.I. na que alumnos/as de 5ºC e 5ºA presentaron os proxectos:

  • Animais á meta
  • Miniciudad Playmobil
  • Consulta con el robot
  • Musicalización
  • El zoo
  • Robot sumo
  • Figuras
  • Musicaly

O luns 17 de xuño os outros grupos de 6º de E.I. divertíronse cos traballos que presentou o alumnado de 5ºC, 6ºB e 6ºC:

  • Aprendiendo con GIKA
  • Aprendiendo jugando
  • Abecedario creapalabras mBot
  • Mano robótica
  • Abecedario
  • Reciclaje

A biblioLab volveu a acoller o martes 18 de xuño aos grupos de 5ºB, 6ºB e 6ºC que presentaron os seus traballos a dous grupos de 3º E.P.

  • Campo matemático
  • Carrera matemática
  • Tablero interactivo
  • Parchís

A semana de robótica finalizou o mércores 19 de xuño na que os grupos de 5ºA, 5ºC, 6ºB e 6ºC compartiron cun grupo de 2º e outro de 5º de E.P. os traballos que elaboraron:

  • Ciudad piniplay
  • La aventura de la serpiente
  • Niño inteligente
  • Reciclador
  • Xogo de preguntas
  • Preguntados
  • CVMI

No seguinte vídeo están algúns dos momentos destas xornadas, agradecemos a todos os alumnos/as que participaron nestas actividades.

Traballos de 6º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 6º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

6ºA

 


 

6ºB

 


 

6ºC

 

Parabéns!

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE 6º

O alumnado de sexto disfruta duns días de actividades no albergue de ecoturismo de Alvarella no concello de Vilarmaior podedes seguir o día a día na seguinte galería

No primeiro día xa foron a visitar as Fragas do Eume e o mosteiro de Caaveiro.

Xa están as fotos do segundo día na galería. As actividades do día foron visita á granxa, obradoiro de pan, pintado de camisetas, piscina,  e  velada.

Novas imáxenes na galería do último día coa visita ao Castelo de Andrade.

TALLER DE MÚSICA TRADICIONAL GALEGA

O alumnado de sexto de primaria recibíu un taller de música tradicional galega impartido por Juan Carlos Rilo Fraga ao que estamos moi agradecidos por achegarnos a nosa tradición. Ver galería. E chegou o día do concerto o mércores 8 de maio. Acceder á galería.

 

TALLER VOLUNTARIADO MIÚDO DO PROXECTO "O MEU AMIGO MAIOR"

O alumnado de 6ºA recibiu formación de voluntariado miúdo dentro do proxecto "O MEU AMIGO MAIOR"

Aquí podedes ver a galería de fotos.

Visita ao estadio de Riazor

O alumnado de 6º de primaria foi de visita ás instalacións do RC. Deportivo de A Coruña no estadio de Riazor onde poideron charlar con xogadoras e xogadores dos primeiros equipos. Ver galería.

CHARLA SOBRE NUTRICIÓN

O alumnado de 6º de primaria asistiu a unha charla sobre nutrición que impartiu no noso colexio a nutricionista Irene Calvelo. Con ela aprenderon a comer e a mercar alimentos para unha correcta alimentación. Agora a poñelo en práctica. GALERÍA

O CONSORCIO DAS MARIÑAS "A AUGA NON PARA"

O CONSORCIO DAS MARIÑAS trouxo o programa "O ciclo da auga" ao alumnado de 6º de primaria do noso centro.

Noraboa ao alumnado de 6ºB pola clasificación para a seguinte fase. GALERÍA

 

"DÍA DA MULLER" EN 6ºA

O alumnado de 6ºA celebrou o "Día da Muller" Con traballos nos que resaltaban a figura da súa nai, explicando a razón pola que cada unha delas é a muller máis importante nas súas vidas. Infinitas grazas nais por darnos a vida. Galería.

Distribuir contido