"InSeparables"

E REMATAMOS NUN “LIVE CINEMA”

A nosa colaboración no proxecto de innovación “InSeparables”, supuxo unha explosión de producións artísticas dentro da nosa clase.  Pero antes de comezar, compartimos cos compañeiros e compañeiras, por que ese obxecto era tan especial para nós ...

·         “Traje a Piecito, la tortuga, es una marioneta. Para jugar con ella hay que ponerle la mano en dónde tiene la barriguita. La compramos en el Ikea, que está cerca del Marineda. Juego con mi hermanito que ya está creciendo, lo compartimos”.

·         “Trají a Osiño porque es mi amigo. Lo quiero mucho y duermo con él; le doy de comer, le visto y le pongo el pijama. Juego en mi casa y en el parque yo me columpio y ayudo a Osiño. Le gusta tirarse por el tobogán”.

... despois démoslle a benvida á escola compartindo con eles, un pouco do noso tempo de lecer.

   

Ao longo dos días seguintes debuxámolo, fotografámolo nunha caixa de luz e fixemos clasificacións con todos eles. Eran moitos e en principio moi diferentes, pero interactuando todos/as xuntos/as decatámonos de que tamén tiñan moitas cousas en común; unha vez máis apreciamos como a diversidade que nos rodea é moi enriquecedora.

    

Os/as artistas visitáronnos na escola. Xunto a Cristina Montero e  os nosos InSeparables movémonos segundo os criterios de clasificación que establecéramos;  mentres, Guillermo Calviño facía fotos e Jas Processor, Belén Montero e Juan Lesta documentaban audiovisualmente todo o que acontecía. Mostrámoslles a instalación artística que pensamos, colocando os nosos obxectos de forma que “encaixaran” uns cos outros, mentres que narrábamos a historia do seu proceso: dende Martina sentada leyendo un cuento...” ata que Pequeñín hizo una escultura con los  encajables”.

      

E eles/as agasalláronnos a todos/as os/as participantes no proxecto cun “Live Cinema”. Así se desenvolveu esa mañá do 1 de decembro na Fundación Luís Seoane grazas a coordinación de Chema Mesías:

      

MAR Santiago Arca, decembro 2017

 

ARTE CONTEMPORÁNEO COS OBXECTOS COS QUE TEMOS MAIS APEGO

 “Entendemos así el poder del arte para despertar nuestras percepciones, las ideas, como fuente de conocimiento, para expresar realidades internas, lo que está dentro de nosotros”.

Sbert Roselló, Cati e Maite. LA MIRADA DE LA LIBÉLULA. Disset edició, 2017.

Ao longo deste primeiro trimestre estaremos a participar no proxecto InSEPARABLES, promovido pola Fundación Luís Seoane e a Universidade da Coruña, xunto a outros colexios da nosa cidade: Rosalía de Castro, Wenceslao Fernández Flórez, Ramón de la Sagra e a EEI A Caracola.  

Con obxectos especiais para os/as nenos/as (cos que os/as une un grande vínculo afectivo) e descubrindo conxuntamente novas experiencias con eles xunto a artistas contemporáneos que nos visitarán na escola durante o mes de outubro, crearemos as nosas propias obras artísticas, cunha estética segundo as nosas posibilidades pero que sexan reflexo dos nosos pensamentos.


Remataremos o primeiro día do mes de decembro, na Fundación, coa presentación documentada de dito proceso en formato “Live cinema”.

José María Mesías presenta INSEPARABLES (a partir do minuto 4:10).

MAR Santiago Arca, outubro 2017

 

 

 

Distribuir contido