Skip to Content

Meu amigo maior

25 novembro

25 de Novembro

 

A nosa profe hoxe contounos o conto Até as princesas soltan peidos, foi moi divertido saber que as princesas son coma nós, que fan o que lles da a gana e que non lles importa o que poidan dicir delas.

 

 

Logo fixémonos nun espello para ver o ben que nos víamos.

 

Máis tarde subimos á aula de 5º para compartir cos nosos amigos maiores ese conto tan divertido.

 

máis fotos

anterior

Pequenos encontros, grandes causas

Pequenos encontros

 

Grandes causas

O noso centro participou nunha carreira solidaria: A volta ao cole, para colaborar no estudio da leucemia infantil, todos os nenos e nenas de 3 anos fomos acompañados por compañeiros e compañeiras de 5º de E.Primaria.

 

Nós fixeimos a volta cos nosos amigos especiais, foi moi divertido e sentímonos como uns campións!

 

 

“O meu amigo maior”

 

Hoxe, ao rematar o control de Lengua, estábamos todos moi contentos porque íamos facer unha carreira cos nosos amigos de tres anos. A carreira era solidaria para dar a coñecer a leucemia infantil, porque temos un neno maliño no colexio.

Cando saimos  buscalos estabamos moi felices, ao chegar á súa clase saudámolos e fomos cara á fora a camiñar. Eu ía con Daniela que me dixo:

  • Isto non é unha carreira porque vai moi amodo!

E cando eu lle dicía:

  • Vamos rápido, que imos gañar, porque había un gran espazo cos de diante, ela dicíame:
  • -Non, porque aquí non gaña ninguén.

Eu botábame a rir . Que nena máis lista!

Cando chegamos de volta ao colexio, eles non querían marchar para á clase, pero aínda así, Daniela deume unha aperta e un bico moi forte, e eu dinlle dous bicos de “sabor de caramelo de fresa”

 

 

Sabela Marcos Balboa 5ºA

 

Cando foi o Samaín, veu unha visita escalofriante a aula cos pequenos A Santa Compaña”,  dounos tanto medo que algúns metémonos debaixo da mesa!!!

 

Gústanos tanto estar xuntos que os maiores esperamos ver aos pequenos antes de entrar na clase despois do recreo!

 

máis fotos

anterior  seguinte

Amigos

AMIGOS

Despois de varias visitas informais, decidimos que xa era hora de ter un amigo ou amiga máis especial.

Así que un día, reunímonos no patio cuberto do edificio de Primaria e fixemos parellas, algunhas son tríos porque somos máis os maiores que os pequenos, e foron estes os que fixeron a elección.

 

O resultado quedou plasmado nuns murais tanto Infantil como en Primaria.

 

Estes son os amigos especiais

 

 

 

 

máis fotos

anterior  seguinte

 

 

 

NOVO COMEZO

Novo comezo

“Este proxecto é unha continuación pero tamén un comezo, xa que serán novos nenos e nenas e tamén novos niveis porque nun principio estaba pensado para 5º e 6º de E.Infantil e 5º e 6º de E. Primaria pero tendo en conta os bos e gratificantes resultados obtidos, imos traballar con nenos e nenas de 4º e 5º de E. Infantil e 5º e 6º de E. Primaria porque a duración será de dous cursos académicos.

Pretendemos educar ao alumnado en valores solidarios de colaboración e de tolerancia coas demais persoas.”

Con esta declaración de intencións comezamos un novo proxecto de “O meu amigo maior”

Temos a ilusión pero tamén un pouco de medo polo que supón traballar con nenos e nenas tan pequenos aínda que superaremos ese grande reto.

 

O principio xa o temos, os nosos nenos e nenas xa se coñecen e  a partir deste momento só nos queda traballar con eles.

 

 

seguinte

O MEU AMIGO MAIOR

 

… E COLORÍN COLORADO

Todo  o que comeza ten a súa final... e despois de dous cursos o noso proxecto “O meu amigo maior” xa rematou.

Este último trimestre sempre é moi apurado, e máis para os maiores: exames, saídas...

 

Pero a pesar de todo, fomos capaces de facer a nosa obra de teatro: “Se as avoas mandaran...” cun grande éxito tanto de público coma de “críticas”...

 

 

E antes de marchar os maiores a Alvarella, tivemos tempo de facer de guía e ensinar aos máis pequenos todos os recunchos do cole de Primaria. Foi moi divertido amosarlles os nosos lugares preferidos (... e os menos divertidos) aos pequerrechos, que xa no o son tanto.

 

 

Como remate e para que sempre recordemos ao noso amigo especial, recibimos de agasallo unha foto cos dous grupos e o noso amigo.

 

 

Foi unha experiencia moi gratificante para todos os que participamos nela, nenos e nenas, mestres e incluso pais e nais.

 

Os maiores marchan sentíndose máis maiores e os pequenos... desexando ser algún día “un amigo maior”.

 

Anterior

Galería de fotos

 

O MEU AMIGO MAIOR

AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS

A semana pasada decidimos darlle unha sorpresa aos nosos amigos maiores.

Como estivemos a celebrar a semana da amizade, quixemos demostrarlles canto nos gustaba telos de amigos cun agasallo feito por nós.

Soamente decir: GRAZAS POR SER TAN BOS CONNOSCO!

Anterior   Seguinte

DÍA DA PAZ CO NOSO “AMIGO PEQUENO"

O luns 30 fomos á clase de Aurora para facer outra actividade do “Meu amigo maior”

Como era o día da Paz, fomos visitalos para contarlles un conto: “A bruxa Discordia”, tamén invitaron aos nenos e nenas da profe Teresa.

 

A historia trataba dunha bruxa chamada Discordia que ía facendo feitizos para que non existise a paz, porque segundo ela, a paz dáballe alerxia, pero Discordia non paraba de comer olivas.

Un día, a bruxa Discordia ía voando na súa vasoira e ocorréuselle un novo feitizo que consistía en que os animais non se deixasen, uns cos outros, ningunha pertenza.

 

De súpeto, apareceu ao lado de Discordia a fada Margarida e díxolle que non era a paz o que lle daba alerxia, se non que o que lle daba alerxia eran as olivas.

A fada Margarida desfixo o feitizo que fixera Discordia e todos os animais volveron a ser amigos.

 

Agora Discordia e Margarida van polo mundo facendo o ben.

 

A nosa profesora Conchy facía de bruxa Discordia e a profesora Aurora de fada Margarida. Tamén había tres narradores que eran Mara, Lucía García e Ángel.

 O resto dos nenos e nenas facíamos os xestos dos animais que aparecían para que os máis pequeniños o entenderan ben.

Foi unha experiencia moi divertida e os nenos estiveron moi atentos

Ao final, todos xuntos, bailamos a canción da paz.

 

Lucía Porto Vilas 6º A

 

 

 Anterior Seguinte

 

O MEU AMIGO MAIOR

25 DE NOVEMBRO

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

AULA DOS MAIORES

O día 25 de novembro celébrase o día contra a violencia de xénero. Na clase Conchy falounos do tema.

Dende pequenos temos que saber que tanto os homes como as mulleres deberíamos ter as mesmas oportunidades, os mesmos dereitos e que ningunha debe estar por enriba.

Eu creo que esas cousas debemos aprendelas na casa e na escola.É dicir, por exemplo, na miña casa,  somos 4: o meu pai, a miña nai, a miña irmá e máis eu e dende pequenos trátannos igual e facemos as mesmas cousas e iso o fan os nosos país tamén: unhas veces pasa o ferro un, outras veces pasan a aspiradora,… as tarefas da casa son compartidas.

Pasa o mesmo cos xoguetes, deportes... tanto nenos coma nenas poden xogar ao mesmo e utilizar os mesmos xoguetes.

O malo e cando nos facemos maiores e eu non entendo o motivo: por que a túa noiva non vai poder levar minifalda ou saír cos seus amigos ou amigas? Por que non pode (ou está mal visto) conducir un camión ou xogar ao fútbol entre os chicos? Por que se lle insulta, pega e incluso chegan a matar ás parellas?

Nesta sociedade falta moito por cambiar, pero espero que pouco a pouco e entre todos, o consigamos.

Eu levo un lazo branco: acepto o meu compromiso persoal de non cometer, permitir nin silenciar a violencia contra as mulleres,

AULA DOS PEQUENOS

O venres 25 de novembro, coincidindo coa celebración do día internacional contra a violencia de xénero, a nosa clase foi á da Aurora, cos nenos e nenas de Infantil. Alí, a súa profesora  contoulles un conto: “¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?” e logo eles  contáronolo a nós respondendo as preguntas que lles facía a súa profe.

Trata dunha nena, Carlota, que está preguntándose por que ten que vestir de rosa e actuar coma unha princesa rosa si ela o que quere é facer cousas que normalmente fan os príncipes. Carlota vai falar cos seus pais, fada madriña, conselleiros...

E pregúntalles por que ela non pode facer cousas de príncipes.

Todos se dan conta de que Carlota ten razón e deciden que é unha tontería que as princesas non poidan cazar dragones e demais soños que tiña Carlota. E así, como a princesa, calquera nena pode vestir, xogar... como calquer neno: somos todos iguais e tanto uns coma outros estamos preparados para poder facer as mesmas cousas.

Creo que os pequenos entendérono á perfección!

 

Ángel Fariña Figueroa 6º A

 

Cando estivemos xuntos unimos o desexo de cada un co do seu amigo pequeno do que soñamos ser de mozos, nunha especie de atrapa soños.

 

Anterior Seguinte

O MEU AMIGO MAIOR

POR QUE FLOTAN OS BARCOS?

Como estivemos a celebrar a semana da ciencia en galego no cole, os nosos amigos maiores viñeron a facernos un esperimento para explicarnos: Por que flotan os barcos? 

Antes de nada, o máis importante, os maiores buscan información individualmente
Reúnense os equipos para unir o que atoparon e elexir o papel de cada quen.
E xa estamos listos para ir cos nosos amigos pequenos!
Xa na nosa aula, fixemos grupos pequenos e comezaron a súa explicación.

Necesitamos:

  • plastilina
  • bol con auga
Fixeron unha bóla coa plastilina e... afúndese na auga!!!!
Fixeron unha barquiña  de plasti e ... flota!!!!

Despois o fixemos nós soiños:

Os pequenos aprendimos que a bóla de plastilina non flota na auga porque non ten aire e se a transformamos nunha barquiña, xa ten aire e por eso non se afunde.

 

Os maiores aprendemos que hai que buscar información en varios sitios antes de estar seguros do que se vai a transmitir, reunirse todo o equipo para unha boa posta en común e elexir quen é o máis doado para darlle a explicación aos máis cativos. En conclusión que o de ser "profe" non é tan sinxelo. Tamén aprendemos que a todos nos gusta que nos escoiten en silencio e con moita atención.

 

Foi unha experencia moi gratificante e divertida para todos, maestras incluidas.

Anterior Seguinte

 

O MEU AMIGO MAIOR

UN BARQUIÑO DE PAPEL

Os pequenos están a traballar os barcos, e decidiron aprender a facer un barquiño de papel. Así que encargámonos de ensinarlles porque somos maiores.

O primeiro é buscar información de como se fai e aprender nós a facelos.
Logo baixamos á clase dos pequenos a ensinarlles, cada un co seu amigo ou amiga.
Fixemos cada un, un barco, eles seguían as nosas instruccións.
A verdade é que son moi bos alumnos!
E este foi o resultado
Agora luce así de bonita a ventá de Infantil con todos os barcos xuntos, cada un co de seu amigo.

Anterior  Seguinte

Distribuir contido


by Dr. Radut