Skip to Content

Actualidade

A HORTA DE EMILIA NO 1º TRIMESTRE DO CURSO 23-24.

Comezamos o curso, e o invernadoiro está a rebosar, tanto de froito coma de herba.

E comezamos a recoller o que atopamos, unha variedade de froitos:

SANDÍA

CEBOLAS E TOMATES

PEREXIL

BERENXENAS

CABAZAS

...que probamos no cole ou levamos para casa.

Imos amosar como o degustamos no cole.

A sandía, qué rica que estaba, que chegou a pouco.

 

Aproveitamos as sementes para voltar poñer máis en primavera.

 

...que non quedou nadiña!

 Probamos a CABAZA AO FORNO cun anaco de pan.

E fixemos PURÉ DE CABAZA con cebolas, e algunha pataca e cenoria que atopamos agochadas na horta.

 

Despois de preparar todos os ingredientes...

...e mentres este se vai facendo a modiño, aproveitamos a xogar un pouco na bibliolab con estes xogos tan divertidos.

Cando o puré está feito, voltamos á aula para degustalo tranquilamente.

Gustounos tanto, que queremos repetir outro día.

As sementes quedan gardadas, para poñer máis o vindeiro ano. 

 Tamén imos gardar as sementes doutras plantas que temos, unhas bonitas flores, e así traballamos a psicomotricidade fina con estes dediños que teñen moito que practicar para facer esos bonitos traballos que fan.

Pouco a pouco imos debullando para atopar as sementes pequerrechas que teñen.

Aquí as sementes de rábanos, son un pouquiño máis grandes.

E estas son todas as sementes que xuntamos.

Un botiño moi xeitoso, que sementaremos polo terreo do cole na primavera.

Traballamos os tamaños de sementes, grande o bulbo de xacinto, pequenas de sandía, e pequerrechas das flores.

 Tamén plantamos, nas xardineiras na aula.

XACINTOS

Facemos o sementeiro de legumes.

CHÍCHAROS

FABAS

E despois deixamos todo limpiño e ordeado para outro momento.

LOBOS

     En relación con PDI deste ano, paisaxes encantadas, o pasado 31 de outubro visitounos Francisco Javier Lema Fuentes, veterinario e estudoso do lobo desde hai moitos anos.     

    Amosounos imaxes inéditas deste animal tan presente na nosa fauna. Tivemos a oportunidade de ver e tocar un cranio dun lobo e dun cabalo, entre outros detalles. 

    Tamén tivo a amabilidade de concedernos unha entrevista que emitiremos en Emilia na onda. Foi unha interesante experiencia para o alumnado de 5°B de EI e 6° de EP.                           

 Moitas grazas e ata outra!!! 

lobos de Aurora Candal

Samaín no cole de Infantil

TERCEIRO PREMIO NACIONAL DE CLUBS DE LECTURA

O noso centro ven de gañar o terceiro premio nacional de clubs de lectura que convocou o Ministerio de Educación e Formación Profesional no curso 2022-2023. Noraboa a todas as persoas  participantes en especial ao equipo da biblioteca e ás encargadas de levalos adiante.

3º premio (Post de Twitter) de Aurora Candal

FESTA DE BENVIDA

BENVIDA de Aurora Candal

INFORMACIÓN INICIO DE CURSO

Deixamos información de interese para as familias e no enlace, circular de inicio de curso.

 

Reunións coas familias

 

Estas son as datas das reunións co titor ou titora de cada curso. Serán na propia aula e comezarán ás 16:00 horas, non esquezas o día.

Entrega de material

Reunión familias 4º E. Infantil

 

O vindeiro martes días 5 ás 16:30 teremos a reunión inicial para as familias do alumnado de 4º E. Infantil (3 anos), nela coñecerán ás súas titoras e os temas relacionados co cole.

Estamos de volta

Xa estamos de volta a partir de hoxe no horario habitual: 9:00- 14:00

Distribuir contido


by Dr. Radut