Admisión alumnado

ADMISIÓN DE ALUMNOS E ALUMNAS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019 (LISTAXES DEFINITIVAS)

En cumprimento da normativa vixente, correspondente ao proceso de admisión de alumnos e alumnas para o curso escolar 2018-2019, procédese á publicacións das listaxes DEFINITIVAS de admitidos e non admitidos.

De acordo coas garantías e límites da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas no procedemento de admisión poderán consultar as listaxes definitivas coa puntuación desagregada dos criterios de baremo na secretaría do centro.

Contra esta resolución se poderá formular reclamación mediante un recurso de alzada ante o Xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e O. U. da Coruña, no prazo dun mes a contar a partires do día 12 de maio de 2018.

O prazo de formalización de matrícula será desde o día 20 de xuño ata o 2 de xullo de 2018. Poderán recoller a documentación necesaria na Secretaría  ou descargala da páxina web do colexio uns días antes de abrirse o prazo.

 

LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

 

 

PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

O Consello Escolar do centro aprobou o día 16 de abril de 2018 a publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos no procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2018-2019.

 

VER LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2018-2019

Rematado o prazo de solicitude de vacantes para o curso escolar 2018-2019, resultaron admitidas todas as solicitudes presentadas, agás as solicitudes para 4º curso de educación primaria, que teñen que presentar documentación complementaria xustificativa entre os días 3 e 13 de abril de 2018.

As listaxes provisionais de admitidos saírán publicadas antes do día 25 de abril de 2018 e estarán expostas na páxina web do colexio e no taboleiro de anuncios do mesmo.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO ESCOLAR 2018-2019

 

 


 

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/        

      Dende o día 1 ata o 20 de marzo, ámbolos dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza para o curso 2018-2019 no procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato. Nos seguintes enlaces aparece a información e documentación necesaria para formalizala.

Distribuir contido