Departamento de orientación

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

 

Os Departamentos de Orientación  son servizos educativos especializados de Orientación Educativa, Psicopedagóxica (atención aos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais) e Profesional creados coa intención de favorecer a calidade e mellora do ensino.

O Departamento de Orientación que actúa no noso colexio está formado por diferentes profesionais:

Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación  como Orientadora de referencia do Centro.

Pofesorado de Pedagoxía Terapéutica: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades de aprendizaxe co obxectivo de estimular e intervir educativamente no afianzamento persoal e social dos noso alumnado.

Profesorado de Audición e Linguaxe: presta atención educativa especializada ao alumnado con dificultades da linguaxe oral.

As funcións do Departamento de  Orientación son as seguintes:

   * Valora-las necesidades educativas no ámbito da orientación, e deseñar, desenvolver e avaliar programas específicos de intervención.

    * Elabora-las propostas do Plan de Orientación Académica e do Plan de Acción Titorial.

  * Participar na elaboración, seguemento e avaliación do PEC e do PCC, incidindo nos criterios de carácter organizativo e pedagóxico e nos principios de avaliación formativa e, cando cumpra, na adecuación dos criterios de promoción. 

  * Deseñar actuacións encamiñadas á atención temperá e á prevención de dificultades ou problemas de desenvolvemento ou de aprendizaxe, derivadas de condicións desfavorables ou de sobredotación.

    * Participar na avaliación psicopedagóxica e no deseño e desenvolvemento de medidas de atención á diversidade.

   * Facilitarlle á comunidade educativa os apoios e o asesoramento necesarios para que o alumnado poida afrontar adecuadamente os momentos escolares máis decisivos ou dificultosos.

    * Cooperar cos equipos específicos.

    * Promove-la cooperación entre o centro e as familias.

    * Establecer canles de comunicación cos diferentes servicios ou institucións.

    * Aqueloutras que a Administración Educativa determine no ámbito das súas funcións.

    As familias interesadas en comunicarse coa Orientadora deberán facelo, previa comunicación ao centro.

   

SEMANA DE VISIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE - SINDROME DE WEST

 

 

O mércores día 13 de decembro o curso de 5º fomos a unha charla sobre as discapacidades.

Explicounos a nai dun compañeiro doutra clase que ten o síndrome de West. Ademáis trouxo unha cadela de terapia.

Un amigo meu que se chama Eduardo, fixo preguntas moi interesantes e intelixentes. Enseñáronnos como se sinte un ao utilizar unha

cadela guía. Díxonos que os nenos só necesitamos cariño e respeto e que estaba moi contenta do noso colexio que coida moi ben a Javi

que é o seu fillo con ese síndrome.

Tamén nos contou que a súa cadela enseñou a Javi a xogaar ao escondite e que Antón, un amigo e compañeiro meu enseñouna a xogar

ao fútbol, pero que foi Kira, a cadela, a que lle ensinou a tirar a pelota.

 Miguel Diz 5º A

 

 

 

 

SEMANA DE VISIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE

Nestes últimos anos vemos incrementada a escolarización de alumnado con distintas capacidades no noso centro o que fai que teñamos que adaptar as nosas características para dar así unha resposta educativa axeitada a estes alumnos e á vez, plantexar unha educación integradora e de calidade que procure desenvolver todo o potencial de cada persoa. Neste eido, creemos conveniente que dende o centro tomemos conciencia do que podemos facer para realizar unha educación inclusiva.

Co gallo da celebración do "Día Internacional das persoas con Discapacidade" (3 de decembro) planificamos unha serie de propostas educativas para poñer en marcha co noso alumnado. Tentamos deseñar accións educativas destinadas a tódolos cursos do centro e deste xeito reforzar o compromiso coa construcción dun mundo mellor, conscientes do poder transformador da educación. Estas actividades formaron parte do Programa Municipal "Ao meu xeito".

 

30/11/2017 Taller Vectores VF. Grupo de accesibilidade 4º Educación Primaria

                                    

   

             

04/12/2017 Concerto de Pablo Díaz Ed. Infantil/1º-2º EP
  
   
Contacontos na lingua de signos (FAXPG) 4º Educación Infantil

          

                 
05/12/2017 Obradoiro de sensibilización (Down Coruña) 3º Educación Primaria
12/12/2017

Xornadas de sensibilización

de accesibilidade en cadeiras de rodas

6º Educación Primaria
 

 

13/12/2017

Obradoiro de sensibilización

da Fundación Síndrome de West

5º Educación Primaria

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O mércores día 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre o AUTISMO.

Olga Lalín e Seso Durán, son profesores de ensino secundario e pais de Manuel, un pequeno de cinco anos que ten autismo e desde hai dous anos publican un video cada 2 de abril como aportación para darlle visibilidade. 

No noso centro tamén temos alumnado con trastorno autista e como homenaxe a todos eles publicamos o video de Manuel.

 

PROGRAMA ALERTA ESCOLAR

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dispón do programa de Alerta Escolar en colaboración coa Fundación 061, que ten como obxectivo a atención inmediata e eficiente do alumnado que presente unha patoloxía crónica e pode desenvolver en calquera momento unha crise.
 
Este programa posibilitará a súa asistencia e que o profesorado teña cobertura de persoal médico que conte con coñecementos dos nenos e nenas con esta problemática.
As patoloxías que se poden incluir no programa son: Epilepsia, Hipoglicemia (diabetes) e Shock Anafiláctico producido por algún tipo de reacción alérxica.
 
 

ESTIMULACIÓN DA LINGUAXE ORAL. Orientacións ás familias.

O noso  pensamento  está  composto  por  palabras, polo tanto a linguaxe  é  fundamental  para  comunicarnos, non só cos demais,  senon  tamén  con  nós  mesmos. Contar  cunha  linguaxe  elaborada   permitiranos  facer  razoamentos  tamén  máis  complexos  e, por conseguinte, “pensar mellor”.  Do noso dominio  da  linguaxe  depende  a  nosa capacidade  para  realizar   reflexións  máis  ou  menos  profundas e establecer unha  relación  co  entorno que nos permitirá  adquirir  novas  aprendizaxes.


Por outra  parte,  a nosa  expresión  oral  é  a  carta  de  presentación  na interacción  cos  demais, posto que é o primeiro  que  escoitan   de  nós.

 

Aínda  que  hai  outros  xeitos  de  comunicación,  a  linguaxe  humana  baséase  na  nosa  capacidade  para comunicarnos  por medio  de signos lingüísticos. Os nenos ao  naceren  teñen  unha  capacidade  innata para adquirir  unha  linguaxe  que lles permita  comunicarse, pero   conducta lingüística  non  é  instintiva como a respiración ou a deglución; o código lingüístico  debe ser adquirido por  medio do contacto con outros  seres  humanos que lle sirvan de modelo.


Neste  sentido, o entorno natural  para o desenvolvemento da comunicación é a familia, xa que  é  a  única  que  pode  dar  unha  estimulación  intensiva  desde  o  primeiro  momento  e  durante as 24  horas dos 365  días  do ano. Esta  estimulación   conta, ademais, coa  ventaxa de estar  unida   a   situacións  naturais  e  enormemente  motivadoras pola  carga  afectiva  e  lúdica  que  levan  implícita.

 

Non  debemos esquecer que o  desenvolvemento da linguaxe  é  un proceso evolutivo  que  sigue  o  seu  propio  ritmo en cada neno. Nós  non debemos  forzar  ese  proceso  pero    podemos  favorecelo  e  facilitalo  moito.  Que  os  nosos  nenos  pronuncien e articulen ben  os  sons  e  amplien  o  seu  vocabulario  e  estructuras  vai  depender  en gran  medida  dos    modelos  que  lles  ofrezan  os  adultos  do  seu  entorno.

 

As  diferentes  actividades  da  vida  diaria son moi útiles   para  estimular  a  linguaxe  oral  dos  nenos,  pero  tamén podemos  e  debemos  provocar  nós  algunhas  situacións  de  comunicación  non  tan  espontáneas: os  comentarios  sobre  o  que  imos  vendo  desde  o  autobús,  a visita  a  unha  feira  ou   un  museo, a lectura  conxunta  das  imaxes  dun  conto, …

 

Desgraciadamente,  o  cada  vez  máis  estresante  ritmo  de vida  que  levamos,   está  empezando  a  interferir  nesta  función  natural  do  entorno  familiar, o cal se  está  vendo  reflectido  nun  significativo   incremento  das   dificultades  de   expresión  oral  nos  nenos .


Por  todo  isto,  desde  o departamento de Orientación editamos  un  pequeno  tríptico   con    algúns  consellos;  agardamos  que  vos  resulten  de  utilidade.

Distribuir contido