![]() |
Vimos de coñecer que o Proxecto Documental Integrado "Paseando con Emilia", que se desenvolveu durante o curso pasado no noso centro, no que investigamos e procuramos información para coñecer á escritora que dá nome ao noso colexio e a época na que viviu, recibiu un dos premios do VII Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou co apoio da biblioteca escolar. Esperamos que con este premio, e con motivo do centenario da súa morte, se contribúa ao coñecemento e a darlle relevancia á figura de Emilia Pardo Bazán. | |
Este premio é do centro, de todo o alumnado, familias e profesorado que se implicou no seu desenvolvemento. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa que participou nas actividades propostas e a todas as persoas e entidades que colaboraron con nós na procura de recursos e desenvolvemento de actividades, especialmente á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, a Xulia Santiso e Patricia Angulo polo seu apoio e asesoramento continuo, así como ás bibliotecarias da BM Los Rosales. Seguimos aprendendo sobre Emilia, e tamén sobre os mares e océanos. Grazas e parabéns para toda a comuniodade educativa do CEIP Emilia Pardo Bazán. |
Despois de moito buscar un agasallo para as creadoras do noso logo, decidimos que unha taza co seu nome e o logo que fixeron sería un bo recordo do centro e do seu traballo.
A nós só nos queda felicitalas e darlle as grazas pola súa colaboración e por este agasallo tan bonito que estará con nós moito tempo.
MOITAS GRAZAS ANA E LUCÍA
Seguimos co noso PDI "Paseando con Emilia" e quixemos saber máis dela así que marchamos todos e todas a coñecer onde vivía, aquí na súa Marineda, na que agora é a Casa Museo de Dna Emilia Pardo Bazán, en A Coruña.
Sí, estades lendo ben, marchamos todo o cole, fixemos unha visita moi especial, unha visita virtual só para o noso cole, así soupemos moitas cosas dela e da súa familia esperando que pronto poidamos visitala como queremos.
Moitas grazas pola visita a Xulia Santiso e Patricia Angulo que fixeron de anfitrioas para nós.
O noso estudo de radio segue a pleno rendemento e preparando o programa de decembro. Hoxe foi Isabel Naveira, actriz de series tan coñecidas como Mareas Vivas, Matalobos, Serramoura... na TVG e Fariña, Las chicas del cable , Néboa... a nivel nacional, entre outras moitas, a que se atreveu a contestar as nosas preguntas e que nolo puxo moi fácil.
Moitísimas grazas pola túa colaboración e a túa visita
Unha das actividades máis motivadoras e que nos uniu durante ese longo confinamento, foi o noso programa de radio Onda Ti. Esperabamos con ansia o domingo pola mañá para poder escoitarnos e sentirnos un pouquiño máis preto e que rematou cando xa nos podiamos ver e saír de novo.
A entrevista á nosa Alcaldesa, Inés Rey, foi o remate desa primeira tempada e con ela quixemos comezar esta nova, pero agora en directo, no noso recentemente estreado estudio de radio.
Hoxe puidemos realizar esa entrevista que poderedes escoitar a partir da vindeira semana na que publicaremos o programa que se foi preparando nos meses de outubro e novembro.
Moitísimas grazas pola túa visita!!!!
Escoitámonos en Onda Ti!
Moitísimas grazas a Diego e a Manuel e ao resto de colaboradores por facernos levadeira a etapa de confinamento e darnos a posibilidade de achegarnos ao resto da comunidade educativa a través da radio en directo. Máis información na web da nosa biblioteca: https://bibliotecaepb.blogspot.com/
Todos os programas emitidos no seguinte enderezo:
https://www.spreaker.com/show/biblioteca-epbs-ondati
![]() |
![]() |
Para celebrar o día do libro este ano a biblioteca escolar do noso centro fixo un enorme esforzo de recompilar os fragmentos da lectura multilingüe do famoso libro "O PRINCIPIÑO". Grazas a todos os colaboradores. Podedes ver o vídeo e toda a información na web da nosa biblioteca.
![]() |
A nosa emisora de radio xa ten nome: "Emilia na onda"
Dentro do programa "Radio na Biblio" fixemos un concurso para escoller o logo e o nome da emisora do noso cole.
Despois de moitas deliberacións, a gañadora foi Martina de 4º EP.
No día de hoxe, mércores 18, fixemos entrega do seu agasallo que recibiu acompañada cos seus compañeiros e compañeiras que a premiaron con un forte aplauso.
![]() |
NORABOA MARTINA!