O día 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas. Este ano adicado ao pintor Laxeiro. O equipo EDLG comparte os seguintes recursos coa comunidade educativa co gallo desta data.
Hoxe conmemoramos o Día de Rosalía con estas propostas.
A Asociación Cultural Alexandre Bóveda dentro do proxecto A Coruña das mulleres ofrece esta proposta educativa para Educación Primaria en torno á figura de Rosalía de Castro e a súa relación coa Coruña. A iniciativa preséntase co gallo da celebración do 150 aniversario da estancia da poeta na cidade.
![]() |
Un ano máis visitounos a señora María, o pasado non veu por mor do confinamento, pero aquí está de novo coas súas castañas traídas de Coristanco. Qué ganas tiñamos de vela!!!!!! |
|
Para os máis pequenos foi unha novidade poder ver como asaban as castañas no patio do cole dos maiores. | ![]() |
|
![]() |
Este ano as castañas viñeron acompañadas de un rico e quentiño chocolate, agasallo da ANPA. | |
Qué rico estaba todo!!!! E cómo desfrutamos outra vez do MAGOSTO!!!! | ![]() |
Se queredes ver máis fotos preme aquí
Un adianto á celebración das Letras Galegas con dous poemas de Xela Arias: Todos os bebés son tú e Ninguén coma ti dis ma-ma-má coa voz de Lorena Ares e Carlos García e fotos do alumnado de 4º C do noso centro en colaboración co Seminario de Galán.
Xa está lista a edición anual da nosa revista escolar nun curso diferente a todos os anteriores no que chegou a radio ao noso cole, e tamén un virus que nos deixou na casa, e no que a nosa alimentación foi a que marcou a temática anual a través do proxecto "Sabor e saber" e si queredes ver como foron estas e outras cousas aquí tedes a Revista EPB. Esperamos que a desfrutedes.