Skip to Content

Quen somos

Benvida

CEIP EMILIA PARDO BAZÁN

Edificios EPB

NOTAS DE IDENTIDADE

  • Espírito plural e democrático, cooperativo e solidario.
  • Integrado na comunidade, aberto a outros colectivos, culturas e organizacións que contribúan ao proceso educativo.
  • Comprometido na integración da diversidade, onde poidan convivir alumnos e alumnas con disfuncións físicas ou psíquicas, así como aqueles que polas súas condicións étnicas, socio-económicas ou calquera outra, se atopen nunha situación de desfavorecemento.
  • Respectuoso co medio ambiente, comprometido na súa defensa e mellora.
  • Implicado na Educación para a Saúde, entendendo que unha boa educación para a saúde debe pretender que o alumnado desenvolva costumes e hábitos saudables e que os valoren como un dos aspectos básicos da calidade de vida.
  • Comprometido no desenvolvemento do sentido crítico e responsabilidade que está na base da Educación para o Consumidor.
Distribuir contido


by Dr. Radut