Skip to Content

Novas

CIRCULAR DE INICIO DE CURSO 2017-2018

 

Dámoslle a benvida a tódalas familias da comunidade educativa do CEIP EMILIA PARDO BAZÁN, especialmente ao alumnado que inicia a súa escolarización o presente curso escolar.

Entre as novidades deste curso escolar podemos destacar as seguintes:

* Asignaturas de libre configuración en 4º e 6º EP: Obradoiro "Danzarte".

* Libros dixitais para o alumnado de 5º e 6º EP no marco do Proxecto EDIXGAL.

* Reforzo das Matemáticas para o alumnado de 5º e 6º EP con Smartick. (1)

* Programa GEN10S para o alumnado de 5º EP. Aprender robótica e programación con Scratch. (1)

* Método Glifing para a mellora da habilidade lectora do alumnado de 3º EP. (1)

* Auxiliar de conversa en inglés para todo o alumnado de educación primaria. (1)

* Subvención de 20 prazas no programa municipal de natación escolar. (1)

* Subvención das actividades de Teatro Interaulas. (1)

* Convenio de colaboración coa "International School of Lousiana" para o alumnado de 2º EP.

(1) Actividades subvencionadas por Axuda en Acción grazas ao convenio de colaboración asinado polo Colexio e a ANPA Milnen@s.

 

A continuación informámoslles dalgúns temas de interese para o bo funcionamnto do colexio:

* O curso escomezou o 12 de setembro de 2016 e finalizará o 23 de xuño de 2017.

* O horario de funcionamento do colexio será o habitual:

+ Programa Madrugadores: 7:30 - 9:00 horas.

+ Sesións lectivas: 9:00 - 14:00 horas.

+ Comedor Escolar: 14:00 - 16:00 horas.

+ Actividades Extraescolares: 16:00 - 18:00 horas.

   (Colexio Azul/Polideportivo Los Rosales))

* O alumnado de 4º curso de educación infantil (3 anos) seguirá o horario establecido no seu Calendario de Adaptación ata o 23 de setembro.

* Os períodos vacacionais serán:

+ NADAL: desde o 22 de decembro de 2016 ata o día 6 de xaneiro de 2017, ambos inclusive.

+ ENTROIDO: días 27, 28 de febreiro e 1 de marzo de 2017.

+ SEMANA SANTA: desde o día 10 ata o 17 de abril de 2017, ambos inclusive.

+ DÍAS NON LECTIVOS: 31 de outubro (Día do Ensino).

+ FESTAS LOCAIS: 7 de outubro de 2016 e 8 de marzo de 2017.

* A entrega dos Boletíns Informativos sobre o rendemento escolar do alumnado, realizarase nas seguintes datas:

+ 1ª Avaliación: 21 de decembro de 2016.

+ 2ª Avaliación: 31 de marzo de 2017.

+ 3ª Avaliación: 23 de xuño de 2017.

* As primeiras reunións de titoría coas familias serán nas seguintes datas:

Día Hora Cursos Etapa
29 de setembro 16:00 Infantil
30 de setembro 16:00 Primaria
4 de outubro 16:00 Primaria
5 de outubro
16:00 Primaria
6 de outubro 16:00 Primaria
11 de outubro 16:00 Primaria
13 de outubro 16:00 Primaria
14 de outubro 16:00 Infantil
18 de outubro 16:00 Infantil

* As familias do alumnado que asistan ás reunións de titoría deberán vir sen nenos/nenas.

* O horario de titoría individualizada co profesorado, segue a ser, os luns de 16:00 a 17:00 horas, previa petición de cita.

* COMEDOR ESCOLAR e MADRUGADORES funcionarán desde o día 12 de setembro. Estes servizos son xestionados pola ANPA Milnen@s e a empresa Jardanay.

* Lembrámoslle a toda a Comunidade Educativa as prohibicións de fumar dentro do recinto escolar, así como a de entrar con animais.

* Informámoslles que está prohibido entrar no recinto escolar fóra do horario de funcionamento establecido para cada actividade.

 

Esperamos contar coa vosa colaboración para cumprir as Normas de Organización e Funcionamento (NOF) das que salientamos as máis importantes:

  • O colexio abrirá diariamente as súas portas ás 8:50 horas.
  • O alumnado de educación primaria entrará sen acompañamento familiar ata o patio cuberto.
  • O alumnado de educación infantil entrará acompañado dos seus familiares ata a porta de entrada do aulario infantil.
  • Non está permitida a presenza de familiares polos corredores do colexio no horario lectivo, agás para acceder a zona administrativa.
  • Deberá evitarse a atención do profesorado nos horarios de entrada e saída para temas particulares. Calqueira incidencia deberá notificarse por escrito.
  • O alumnado non pode traer ao colexio teléfonos móbiles, reproductores de música ou calquera aparello electrónico.
  • As familias do alumnado de educación infantil que necesiten acceder ao aulario infantil, durante as sesións lectivas, deberán dirixirse ao persoal de conserxería no edificio de educación primaria identificándose debidamente e indicando o motivo da visita.
  • As saídas ou entradas do alumnado ao longo das sesións lectivas deberán xustificarse debidamente ante o/a titor/a. No caso das saídas o adulto acompañante asinará no rexistro de saídas. Os retrasos na puntualidade consignaranse no libro de rexistro, considerándose a reiteración de faltas de puntualidade como faltas de disciplina.
  • Segundo a Lei de Convivencia do 30 de xuño de 2012, lembrámoslles as familias  "o deber de respectar e facer respectar a autoridade e as indicacións ou orientacións educativas do profesorado no exercicio das súas competencias".
  • Solicitamos a súa colaboración no respeto das zonas de estacionamento do autobús escolar e das prazas reservadas para minusválidos.
  • Para calquera dúbida, solicitude ou suxestión estamos a vosa disposición nos teléfonos 981276781/981258528 ou no enderezo electrónico: ceip.emilia.pardo.corunha@edu.xunta.es

Agradecemos a súa colaboración e desexámolles un feliz curso escolar a todas e a todos.

 

                                                        A DIRECCIÓN.

 

 

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

No DOG do día 22 de maio de 2017 pubícase a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 23 de xuño de 2017 (este incluído).

Orde do 16 de maio de 2017

Solicitude (Anexo I)

LISTAXES PROVISIONAIS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

LISTAXES DEFINITIVAS DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

 

 Os Equipos Docentes deste centro aprobaron as listaxes de Libros de Texto e material complementario para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Se desexan consultala poden facelo no seguinte enlace:

LIBROS DE TEXTO 2017-2018

MATERIAL ESCOLAR INFANTIL 4º CURSO (3 ANOS)

MATERIAL ESCOLAR INFANTIL 5º CURSO (4 ANOS)

MATERIAL ESCOLAR INFANTIL 6º CURSO (5 ANOS)

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 1º CURSO
MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 2º CURSO

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 3º CURSO

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 4º CURSO

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 5º CURSO

MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA 6º CURSO

 

 AVISO: O libro de Valores Sociais e Éticos en Primeiro Curso únicamente deben mercalo os/as alumnos/as que NON escolleron a opción de Relixión.

 

 

AVALIACIÓN INDIVIDUALIZADA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA

Avaliación individualizada de 3ºEP

Os días 30 e 31 de maio terá lugar unha proba diagnóstica que afectará a todo o alumnado de terceiro curso de educación primaria. As competencias claves a avaliar serán a lingüística e a matemática. Son probas que non precisan de ningún tipo de preparación específica e que o resultado non ten repercusión nas notas do alumnado. O obxectivo é meramente diagnóstico.

Para o alumnado de 6ºEP non haberá probas este curso, xa que o noso colexio non foi seleccionado.

 

PROGRAMA DE BOLSA COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA PARA O CURSO 2017-2018

Hoxe 8 de maio de 2017, publícanse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2017-2018.

 O prazo para solicitalas será do 9 ao 30 de maio, ambos os dous incluídos.

 Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

 As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

VACACIÓNS DE ENTROIDO

Estimados/as pais/nais:

Comunicámoslles que este centro escolar permanecerá pechado desde mañá día 25 de febreiro ata o día 1 de marzo, ámbolos inclusive, en aplicación do calendario escolar por mor das Festas de Entroido.

Bo Entroido a todos e todas.

 

RENOVACIÓN MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade co establecido na Resolución conxunta do 26 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Centros e recursos Humanos  e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG do 04-10-2016), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituiu ao efecto o pasado día 2-10-2016, e integrada por:

  • O Director  do Centro.
  • Unha profesora.
  • Unha nai.
  • Un representante do persoal de administración e servizos.
  • Unha representante do persoal de atención complementaria.

Os catro últimos designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). A composición da Xunta Electoral logo da súa constitución realizada o día 2 de novembro neste Centro é a seguinte:

SECTOR NOME E APELIDOS
Director Don José Manuel García Yanes
Profesorado Dona María José Vázquez Fernández
Pais/Nais Dona Ana Mª Calvete Iglesias
PAS Don Manuel Boquete Pérez
PAC Dona Mª Begoña Alaña Cea

 

A Coruña, 30 de outubro de 2016.

O DIRECTOR DO CENTRO.

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA

CENSO DE PAIS, NAIS, TITORES

IMPRESO PARA PRESENTACIÓN DE CANDIDATURA SECTOR PAIS, NAIS, TITORES

CANDIDATURAS PRESENTADAS POLO SECTOR DE PAIS E NAIS

NOVAS NORMAS DE ENTRADA NO EDIFICIO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

 CIRCULAR INFORMATIVA Nº 4

 

 Estimados/as pais/nais:

 

 A partires de hoxe, xoves día 3 de novembro de 2016, a empresa Aislamientos Kover S.L., adxudicataria da obra de remodelación da fachada principal do edificio de educación primaria, procederá á instalación dos andamios e valados de protección. A duración estimada das obras será de mes e medio aproximadamente.

Por este motivo a entrada do alumnado de educación primaria ao colexio realizarase polas portas principais ao carón da biblioteca, atravesando o corredor da planta baixa para dirixirse ao patio cuberto de primaria, onde permanecerá baixo a custodia do profesorado de garda ata o inicio das sesións lectivas (9:00 h.).

 Non haberá cambios na saída do alumnado ao finalizar as sesións lectivas, salvo a redución de espazo nas portas de acceso ao edificio, polo que esperamos contar coa súa colaboración deixando libre esta zona para permitir a saída fluída do alumnado.

 Esta medida permanecerá activa en tanto se realicen as obras de remodelación da fachada, que se desenvolverán en dúas fases. Na primeira fase realizarase a metade dereita da fachada. E na segunda fase a metade esquerda da fachada.

 A entrada do alumnado de educación infantil non sufrirá cambios.

 Grazas pola súa colaboración.

 

 A Coruña, 3 de novembro de 2016

 

A DIRECCIÓN.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut