Skip to Content

Educación Física, Educación Musical, Linguas estranxeiras, Educación Relixiosa, Especialidades

HAPPY EASTER!

Coa primeira lúa chea da primavera chega a Pascua. As profesoras de inglés, como xa vén sendo costume, organizaron unha divertida xornada para celebralo.

Alumnado e profesorado gozamos coas distintas tradicións anglosaxoas:

 * “Easter Egg Roll”(Carreira de ovos de Pascua): é un xogo que consiste nunha carreira na que os nenos compiten por rodar ovos duros.

             

  

* “Egg Hunt” (A caza do ovo): no Reino Unido a tradición conta que o coello de Semana Santa esconde os ovos de Pascua durante a noite do domingo de Resurrección para que os nenos búsquenos durante o día.

                   

 * “Easter Bonnet” (O chapeu de Pascua): sobre todo en Nova York (na 5º Avenida), o domingo de Pascua, desde fai máis dun século, vístense as mellores galas e os chapeus máis vistosos e orixinais. A maioría das persoas deseña os seus e decóraos con coelliños, ovos, niños con poliños, flores…

                            

             

  

 

VISITA DO MISIONEIRO JOSÉ RUBIO

            Con motivo da campaña contra a fame no mundo que cada ano organiza a ONG Manos Unidas, tivemos o privilexio de que José Rubio, un misioneiro comboniano, visitase o noso colexio.

              Durante esta visita, o P. José contou, aos alumnos/as de 5º e 6º curso de primaria de Relixión Católica e Evanxélica, a súa experiencia como misioneiro no Congo ao longo de 38 años, traballando polo desenvolvemento dese pobo construindo escolas, dispensarios, pozos, facendo cooperativas, dando asistencia a orfos, nenos da rúa, etc.

            Unha experiencia que nos axuda a decatarnos do afortunados que somos, a apreciar e valorar todo o que temos fronte aqueles que nos teñen case de nada, nin algo tan básico como a auga e a comida.

             Por todo isto, é importante recordar o lema desta campaña de Manos Unidas: “O mundo non precisa máis comida, precisa máis xente comprometida”.

 

FASE FINAL TORNEO DE BRILÉ

TORNEO

DE

BRILÉ

TORNEO

DE

BRILÉ


  1º SALCHIPAPA - 6ºA  
                                
2º COLACAO - 6ºB 3º LAKERS - 6ºC 4º LA TRIBU PERDIDA - 6ºB

Co desexo de ofrecerlle ao alumnado de 6º curso de educación primaria máis actividade física, organizamos durante o primeiro trimestre do actual curso escolar 2016-2017, un Torneo de Brilé. Os partidos xogáronse os martes e os xoves no Polideportivo Municipal de Los Rosales durante os recreos. Participaron preto de 70 alumnos/as agrupados en 8 equipos mixtos de 8 xogadores/as. En cada xornada enfrontáronse entre sí 6 equipos e descansaron 3. Ao finalizar a fase regular os catro primeiros clasificados participaron na fase final que resultou moi emocionante polo apretados que resultaron os marcadores.

GALERÍA DE IMAXES

FESTA DA PRIMAVERA

Nun fermoso día do mes de marzo celebramos todos xuntos a

Festa da Primavera, cun desfile de gorros de Pascua nas pistas do colexio.

 

 
 

 

 

 

XUNTARTE. XUNTOS POLA ARTE.

 

O mércores día 27 de xaneiro de 2016, celebramos no Centro Ágora, "XUNTARTE. XUNTOS POLA ARTE"unha experiencia de traballo conxunto de centros públicos da cidade da Coruña que, co gallo da celebración do Día da Paz 2016, ofreceron ao alumnado e familias o froito dunha colaboración que permitiu gozar dun divertido espectáculo, á vez que se rendeu homenaxe á paz a través de danzas de distintos países do mundo.

O noso centro participou co alumnado de 5º curso de primaria con 2 danzas do Reino Unido (Portsmouth e Maypole dance) baixo a dirección da mestra de inglés, Dona Rosa Mª Fernández  Sánchez.

 

                          (Imaxe publicada no xornal La Voz de Galicia")

XORNADAS ENKI 2015 DEPORTE ADAPTADO

            

Os obxectivos destas Xornadas ENKI 2015 son visibilizar e practicar deportes adaptados e mostrar consciencia ante a discapacidade, así como recoñecer, desde as experiencias de deportistas adaptados, os logros conseguidos e as dificultades que tiveron que superar. Esta actividade conta coa colaboración da Obra Social "La Caixa", dentro do seu programa de iniciativas para contribuír ao progreso das persoas e a sociedade, con especial incidencia na inclusión e o ámbito educativo.

A actividade está deseñada para nenos e nenas de 6º curso de educación primaria nunha xornada dividida en tres fases diferentes: presentación, actividades deportivas e historias de superación. Tras unha explicación sobre a diversidade funcional e como o deporte pode servir como medio de integración, os escolares realizaron un exercicio denominado "Ponte no seu lugar", deseñado para que os menores empaticen coas persoas con diversidade funcional a través do xogo. Trátase de que, a través de actividades deportivas e diferentes circuítos, poidan comprobar por si mesmos as dificultades de accesibilidade que existen no medio, en rotacións duns 20 minutos cada unha polas diferentes probas: circuíto en cadeira de rodas, percorrido con bastóns e antefaces con pavimento táctil e demostración de deporte adaptado: handbike, cadeira de atletismo, baloncesto e fútbol a cegas...

Ver imaxes da actividade no Polideportivo de Los Rosales

 

 

 

 

 

ENGLISH... SING IT!

 

O pasado venres, 11 de setembro, e como inicio dun novo curso escolar, tivo lugar, no salón de actos do colexio, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, unha excepcional actuación a cargo do grupo "BlueSmoke", formado por catro rapaces virtuosos da música: Andrés, María, Carlos e Alejandro. 

Eles, a través de temas tan coñecidos como: " Stand by me", "Imagine", "Counting Stars", "What a wonderful world!", "We will rock you", "Don't worry, be happy", fixéronnos reflexionar, xunto a Brenda Handford, a relatora, sobre como a música pódenos axudar a mellorar o noso nivel de inglés. 

Estivo organizado polo Departamento de Inglés, continuando así co ciclo de charlas e obradoiros con relatores anglosaxóns de cursos anteriores.

 

 Foi un día especial e unha maneira moi divertida e didáctica de comezar o curso.

 

COOKING IN THE ENGLISH CLASS

The topic of this month in the English cass is COOKERY. So we are learning how to cook delicious recipes but all in Englsh. It's not difficult. We only have to follow these steps:

1.- First we learn a basic voculary related with cooking: verbs, ingredients, utensils, hygiene rules, ...

2.- Secondly, we look for some easy recipes: banana split, pizza, trifle, ...

3.- Then we learn the recipe by heart: I need... / I have to... / I want to...

4.- Finally, we bring an apron and a cloth to the class, all the ingredients and we are ready to cook.

5.- Of course, we eat it up. Yummy!!!

In fact, we are going to do it with the help of an English woman. The recipe she is going to teach us is TRIFLE, a typical English dessert that all kids love. We need, fruits, cream, custard, biscuits, hundreds and thousands, ... And we don't need to bake it or fry it. It's a piece of cake!!!

 

A FRAUTA MÁXICA

 

Quen é o home paxaro máis famoso do mundo? Vos diredes que Superman, Batman ou Icaro...Pois non, o top ten das alturas é Papaxeno. Comprobádeo o 3 de xuño as 5 da tarde no teatro Calvo Sotelo. Estades todos invitados a deixar voar a vosa imaxinación e escoitar boa música grazas os rapaces do CEIP Emilia Pardo Bazán e o ilustrísimo mestre Mozart.

 

 

XOGOS TRADICIONAIS

Chega o momento dos Xogos Tradicionais na escola.

Os nenos de 1º e 2º comezaron a semán pasada a coñecer algúns dos xogos aos que xogaban ós seus pais e avós.

Que divertido!

Lembrades?

  • Trompos
  • Canicas
  • Corda
  • Goma
  • Zancos
  • Mariola
  • Petanca

Podedes traer todos aqueles que queirades para dalos a coñecer.

Animádevos a participar!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut