Comedor

Novidades e prazos para a solicitude das bolsas de comedores escolares

Dada a publicación da convocatoria durante a vixencia do Estado de Alarma, declarado pola situación de emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19, o prazo de 10 días para a presentación da solicitude quedou suspendido, iniciándose agora o vindeiro luns 1 de xuño de 2020.

O prazo remata o 30 de xuño.(actualizado)

Os impresos estarán dispoñibles nas oficinas de todos os rexistros municipais, nos centros cívicos municipais, nesta mesma web e en sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es)

Toda a información na web do concello de A Coruña

INFORMACIÓN PARA OS BOLSEIROS DE COMEDOR DO CONCELLO DA CORUÑA

Bolsas de comedor do Concello

Desde a Concellería de Participación Cidadá e Benestar Social informóusenos que se van a manter as bolsas comedor. As familias que necesiten o servizo para os menores bolseiros, deberán remitir un correo electrónico ao seu centro cívico de referencia.

easelvina@coruna.es,

easmesoiro@coruna.es,

easmallos@coruna.es,

eassandiego@coruna.es,

easlabañou@coruna.es

Os solicitantes recibirán a contestación no seu email, onde se lles indicará a que centro educativo teñen que ir recoller o menú, en horario de 13 a 14 horas.

BECAS DE COMEDOR ESCOLAR CURSO 2019-20

 

O día 17 de abril de 2019, publicáronse no BOP da Coruña as bases que rexen a nova convocatoria do Programa de Bolsa comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

 

O prazo para solicitalas será do 22 de abril ao 6 de maio de 2019, ambos os días incluídos.

Os formularios de solicitude específicos para esta convocatoria, poderanos obter nos Rexistros Municipais, nos centros cívicos, na páxina web dos servizos sociais municipais (www.coruna.es/serviciossociales), ou na páxina web da sede electrónica (https://sede.coruna.gob.es/opensiac/action/tramites?method=enter#l242).

 

As bases e a información pódense obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

 

Programa municipal de traballo con familias.

Distribuir contido