Linguas estranxeiras

CONTACONTOS EN INGLÉS

O mércores 12 o alumnado de E. Infantil (5anos), 2º, 4º e 6º de primaria tivo unha actividade moi especial. Como en anos anteriores asistimos a un contacontos en inglés. Sempre disfrutamos e aprendemos moito coa representación do grupo teatral "Face2Face" que viñeron de Madrid ao noso colexio. Este curso representaron dúas obras diferentes:

*LOST IN SPACE. As aventuras de Lara e o seu amigo Benny no espazo sideral.

*ROBINSON CRUSOE. Unha adaptación moderna e divertida desta obra.

Grazas á ANPA do colexio por darnos a oportunidade de aprendrer inglés dunha forma lúdica e amena.

 podedes ver unha mostra nos seguintes blogues:

 http://rosenglish.blogspot.com/

http://blueschoolinenglish.blogspot.com.es/

 

HAPPY EASTER!

Coa primeira lúa chea da primavera chega a Pascua. As profesoras de inglés, como xa vén sendo costume, organizaron unha divertida xornada para celebralo.

Alumnado e profesorado gozamos coas distintas tradicións anglosaxoas:

 * “Easter Egg Roll”(Carreira de ovos de Pascua): é un xogo que consiste nunha carreira na que os nenos compiten por rodar ovos duros.

             

  

* “Egg Hunt” (A caza do ovo): no Reino Unido a tradición conta que o coello de Semana Santa esconde os ovos de Pascua durante a noite do domingo de Resurrección para que os nenos búsquenos durante o día.

                   

 * “Easter Bonnet” (O chapeu de Pascua): sobre todo en Nova York (na 5º Avenida), o domingo de Pascua, desde fai máis dun século, vístense as mellores galas e os chapeus máis vistosos e orixinais. A maioría das persoas deseña os seus e decóraos con coelliños, ovos, niños con poliños, flores…

                            

             

  

 

FESTA DA PRIMAVERA

Nun fermoso día do mes de marzo celebramos todos xuntos a

Festa da Primavera, cun desfile de gorros de Pascua nas pistas do colexio.

 

 
 

 

 

 

XUNTARTE. XUNTOS POLA ARTE.

 

O mércores día 27 de xaneiro de 2016, celebramos no Centro Ágora, "XUNTARTE. XUNTOS POLA ARTE"unha experiencia de traballo conxunto de centros públicos da cidade da Coruña que, co gallo da celebración do Día da Paz 2016, ofreceron ao alumnado e familias o froito dunha colaboración que permitiu gozar dun divertido espectáculo, á vez que se rendeu homenaxe á paz a través de danzas de distintos países do mundo.

O noso centro participou co alumnado de 5º curso de primaria con 2 danzas do Reino Unido (Portsmouth e Maypole dance) baixo a dirección da mestra de inglés, Dona Rosa Mª Fernández  Sánchez.

 

                          (Imaxe publicada no xornal La Voz de Galicia")

ENGLISH... SING IT!

 

O pasado venres, 11 de setembro, e como inicio dun novo curso escolar, tivo lugar, no salón de actos do colexio, para o alumnado de 5º e 6º de Primaria, unha excepcional actuación a cargo do grupo "BlueSmoke", formado por catro rapaces virtuosos da música: Andrés, María, Carlos e Alejandro. 

Eles, a través de temas tan coñecidos como: " Stand by me", "Imagine", "Counting Stars", "What a wonderful world!", "We will rock you", "Don't worry, be happy", fixéronnos reflexionar, xunto a Brenda Handford, a relatora, sobre como a música pódenos axudar a mellorar o noso nivel de inglés. 

Estivo organizado polo Departamento de Inglés, continuando así co ciclo de charlas e obradoiros con relatores anglosaxóns de cursos anteriores.

 

 Foi un día especial e unha maneira moi divertida e didáctica de comezar o curso.

 

COOKING IN THE ENGLISH CLASS

The topic of this month in the English cass is COOKERY. So we are learning how to cook delicious recipes but all in Englsh. It's not difficult. We only have to follow these steps:

1.- First we learn a basic voculary related with cooking: verbs, ingredients, utensils, hygiene rules, ...

2.- Secondly, we look for some easy recipes: banana split, pizza, trifle, ...

3.- Then we learn the recipe by heart: I need... / I have to... / I want to...

4.- Finally, we bring an apron and a cloth to the class, all the ingredients and we are ready to cook.

5.- Of course, we eat it up. Yummy!!!

In fact, we are going to do it with the help of an English woman. The recipe she is going to teach us is TRIFLE, a typical English dessert that all kids love. We need, fruits, cream, custard, biscuits, hundreds and thousands, ... And we don't need to bake it or fry it. It's a piece of cake!!!

 

Baloncesto en inglés

Continuando coas visitas de nativos anglosaxóns, onte os alumnos/as de 5º de Primaria recibimos a visita de Deforrest Riley Smith, xogador de baloncesto do Club Basquet Coruña, máis coñecido como DEE. Dee é dos Estados Unidos, concretamente de Dallas (Texas). Explicounos algúns dos aspectos básicos do baloncesto, pero todo en inglés. O certo é que esta é unha boa oportunidade de escoitar diferentes acentos, xa que o inglés americano é moi diferente do británico. Coa proxección dunha presentación en Power Point, axudounos co noso inglés, pero nós tamén lle axudamos co seu español. Que non é nada malo, por certo. A verdade é que nos divertimos moito e aprendemos un pouco máis de inglés. ¡Gracias DEE!

Aquí tedes as fotos da súa visita, así como a súa presentación sobre o baloncesto.

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

UNHA AMERICANA NO COLE

O 19 de decembro pasado, os/as alumnos/as de 5º e 6º de Primaria recibimos a visita dunha norteamericana: Becca Crossworth. Becca vén dos Estados Unidos, concretamente de Connecticut. Está traballando como auxuliar de conversa no IES Salvador de Madariaga e, polo tanto, vivirá en Coruña durante este curso escolar. Coa súa visita iniciamos unha serie de charlas realizadas por nativos/as anglosaxóns e destinadas ó alumnado de 3º ciclo de Primaria, co obxecto de coñecer algo dos seus países de orixe: xeografía, costumes, persoeiros  tradicións populares, ...

A charla de Becca resultou moi entrañable e enriquecedora. A través dunha presentación en Powerpoint, Becca foinos explicando que os Estados Unidos é un dos países máis grandes do mundo, que conta con máis de 50 estados. Soubemos o nome da cadea montañosa máis grande, os ríos e lagos máis importantes, os seus símbolos, a súa bandeira, a moeda que usan e o nome do seu presidente. O mellor empezou cando nos falou das celebracións e tradicións máis salientables: Thanksgiving Day (Día de Acción de Grazas) e Christmas (Nadal). Quedamos abraiados cando nos contou a historia do grupo de ingleses que chegaron a América e foron axudados polos nativos, xa que doutro xeito non poderían sobrevivir. Eles, como agradecemento, celebraron o seu primeiro Día de Acción de Gracias.

Pero vaia algarabía cando lle chegou o turno ó Nadal! As nosas profes de inglés penduraran unha póla de muérdago na porta da clase e Becca colocouse debaixo dela para poder recibir os nosos bicos. Aqueles de nós máis tímidos, quedamos sentados, pero as profes levaban un pouco no peto e repartiron bicos a esgallo! 

 

Pero non pensedes que só estivemos a escoitar. Tamén tivemos que responder a un cuestionario sobre o que aprendimos.

Para rematar, Becca respondeu a tódalas nosas preguntas e regalounos uns caramelos típicos americanos: jelly beans. Moito nos souberon!

E como de ben nacidos é ser agradecidos, Becca marchou cun recordo da súa visita: un pequeno agasallo de Sargadelos.¡Malo será que non volva!

Aquí tedes as fotos, a presentación de Becca e o cuestionario que tivemos que responder para que poidades participar dos momentos máis divertidos.

 

 

Becca's Talk on PhotoPeach

Distribuir contido