1º Curso EP

VISITAMOS BONILLA ALIMENTACIÓN

 

Os días 12 e 13 deste mes de marzo, os alumnos e alumnas de primeiro visitamos en Arteixo a fábrica de patacas fritidas Bonilla a la vista.

Explicáronnos e vimos o proceso da pataca, dende que aínda está no saco. Como as lavan, as secan, as cortan, as friten, as salan, as meten en bolsas, despois en caixas de 24 bolsas, e as levan para o grande almacén.

Dende alí, as transportan ata distintos lugares do mundo... 

O máis lonxano.... Australia.

Despois, nos deron un estupendo agasallo: unha mochila de tea na que había unha bolsiña de deliciosas patacas e outra de "gusanitos".

E tamén nos quedamos coa bata que nos puxemos cando entramos, xa que ao ser unha fábrica agroalimentaria, é obligatorio poñela.

Encantounos esta visita!

Quedáronnos ganas de voltar!

 

Luisa - Titora 1ºA

Brazo hidráulico

Nesta ocasión traemos un proxecto elaborado por Ana (1ºC) e a súa familia na súa casa. No seguinte vídeo explícanos o seu funcionamento, algúns dos materiais que utilizaron para a súa construción e o tempo que levou facelo. Este brazo robot axudaranos a comprender que non todos os robots teñen compoñentes electrónicos.

 

Neste outro vídeo vemos todo o proceso por se queredes animarvos a realizar este proxecto de "Brazo hidráulico" e a comprender o seu funcionamento.

 

 

Grazas por compartir con todos/as o voso traballo!

Visita Didáctica: MUNCYT (Proxecto Voz Natura)

05/29/2013 09:30
05/29/2013 12:55
Etc/GMT+1

O alumnado de educación primaria dos cursos 1ºC e 2ºA visita as instalacións do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) como actividade complementaria da súa participación no Proxecto Voz Natura.

Visita Didáctica: MUNCYT (Proxecto Voz Natura)

05/28/2013 00:30
05/28/2013 12:30
Etc/GMT+1

O alumnado de educación primaria dos cursos 1ºA e 1ºB visita as instalacións do MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia y Tecnología) como actividade complementaria da súa participación no Proxecto Voz Natura.

Teatro no Forum do Parque Europa

04/11/2013 10:00
04/11/2013 13:00
Etc/GMT+1

O alumnado de 1º curso de educación primaria asiste a unha representación teatral no Fórum do Parque Europa: "CENICIENTA Y LAS ZAPATILLAS".

Visita Didáctica: MUSEO DE BELAS ARTES

04/26/2013 11:15
Etc/GMT+1

O alumnado de educación primaria de 1ºC realiza unha visita didáctica ao MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña.

Visita Didáctica: MUSEO DE BELAS ARTES

04/10/2013 11:15
04/10/2013 13:15
Etc/GMT+1

O alumnado de educación primaria de 1ºA e 1ºB realizan unha visita didáctica ao MUSEO DE BELAS ARTES da Coruña.

Teatro do Andamio

03/14/2013 10:30
03/14/2013 11:30
Etc/GMT+1

A compañía teatral  TEATRO DEL ANDAMIO visita o noso centro para representar unha obra dirixida ao alumnado de 1º curso de educación primaria: "A verdadeira historia da cigarra e a formiga" (Dirección: Álvaro Guevara). A representación terá lugar no Salón de Usos Múltiples do colexio.

Distribuir contido