5º Curso EP

Traballos de 5º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 5º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

5ºA

 


 

5ºB


 

5ºC

Parabéns!

REMATA A EXPOSICIÓN SOBRE OS ANIMÁIS INVERTEBRADOS

O alumnado de 6º visita a exposición sobre os invertebrados que organizou o mestre José Manuel Robles na súa aula de 5ºB.

Quere agradecer a todas as persoas que colaboraron aportando mostras para esta exposición anunciando ao mesmo tempo o remate da mesma.

Galería de imaxes.

Retos resoltos

Durante estes meses os nenos/as de 5º e 6º estiveron resolvendo varios retos que implicaron a utilización de distintos sensores e actuadores.

No mes de decembro utilizaron o sensor de temperatura que xa coñecían e aprenderon a programar e utilizar o motor servo. O reto que se lles expuso foi elaborar u termómetro que servise para detectar a temperatura (sendor de temperatura) e que, ademais de apreceer na pantalla do ordenador, tamén se puidese consultar nunha representación física (cartolina e motor servo). Neste vídeo nenos/as de 5º de E.P. explican o seu traballo.

 No mes de xaneiro estivemos lembrando algún dos actuadores que posúe o mBot e o sensor sigueliñas. Propúxose un reto con dúas partes que tiña que resolverse en equipo. Tiña que desprazarse unha distancia cara adiante de 20cm. reproducir unha nota musical, acender os leds, para logo retroceder 0,25m., reproducir outra nota e acender e apagar de novo os leds. Primeiro tiñan que resolver o problema sen utilizar o sensor sigueliñas e logo utilizando o sensor. Neste vídeo está  segunda parte resolta por parte dun grupo de 6º de E.P.

 Bo traballo!

Arte robótica

Empezamos o curso lembrando cos nenos/as de 5º e 6º de E.P. como se montaba e desmontaba o mBot, así como as pezas que o compoñen.

Aproveitando esta actividade en grupo tiveron que, ao mesmo tempo que catalogaban as pezas, montar unha obra artística baseada no Knolling.

Aquí tedes o resultado.

 

Adiviñades que queren expresar con cada imaxe!

Proxectos finais cos robots

Durante o último trimestre os nenos/as de 4º e 5º estiveron traballando nos seus proxectos finais para os que utilizaron os mBot para desenvolver actividades con diversos obxectivos. O mércores 20 de xuño compartiron os seus traballos co alumnado de Educación Infantil.

Os nenos de 4º A e B deseñaron diversos xogos cos que aprender a sumar, as cores ou os números...para o alumnado de 6º de E.I. Utilizaron os sensores sigueliñas, de luz, ultrasónico, ademais dos actuadores de movemento, os leds de cores e as matrices led.

Os grupos desenvolveron:

  • Xogo de operacións, no que o robot avanzaba se o resultado que daban á suma  era correcto e retrocedía se era incorrecto. O obxectivo era chegar á meta.
  • Seguídeme!, no que o robot tiña predefinidos percorridos e os nenos/as tiñan que facer unha ringleira e seguilo.
  • Robot discoteca, cando detectaba un determinado nivel de luz o robot reproducía unha música e comezaba a moverse.
  • Teclados, varios robot permitían desenvolver un teclado acendendo luces con cada nota.
  • Robot prudente, no que percorría unha rúa e detíase cando unha persoa cruzaba polo paso de peóns.
  • Aprendemos cores e números, cando se di un número ou cor hai que levantar o cartón e o robot se despraza e se detén diante del, para logo retroceder agardando outro obxectivo.

  • Robot saúdo, o robot saúda a través da matriz led e logo a través do ordenador saúdaos chamándoos polo seu nome.
  • Aprendemos os animais. No taboleiro hai uns cartóns coas imaxes e nomes de animais, cando soa a voz dun animal teñen que sinalalo e se é correcto o robot proxecta na matriz led unha cara alegre e luz verde, se non é correcta unha cara triste e luz vermella.

 

 

 

Os nenos/as de 5ºA elaboraron catro contos para os que prepararon primeiro os escenarios e logo programaron os robots para que os percorresen utilizando os sensores sigueliñas. O mércores 20 exerceron de irmáns maiores cos nenos/as de 4º E.I., este foi o resultado:

Grazas pola implicación no proxecto tanto por parte dos nenos/as, como por parte das titoras/es.

Moitas grazas!

OBRADOIRO DE ROBÓTICA: PLANETA LIMPO - 5º EP

 

Durante o actual curso escolar o alumnado do noso centro está a participar en diferentes actividades relacionadas co uso da robótica na vida diaria. Concretamente no día de hoxe o alumnado de 5º curso de primaria participou nun obradoiro sobre medioambiente a través da robótica: "PLANETA LIMPIO".

O obxectivo é contribuir a sensibilizar e concienciar aos mais xoves sobre a importancia da conservación do medioambiente, o impacto e a necesidade dunha correcta xestión dos residuos. Para elo, emprégase a innovadora metodoloxía e materiais de LEGO® Education.

 

Música electrónica

Como obxectivo deste primeiro curso de implementación do programa BOTalle imaxinación, que está adicado á utilización da robótica de xeito trasnversal e como apoio a outras áreas, era que o alumnado coñecese os actuadores e sensores básicos dos que se compón o robot mBot, que se nos proporcionou ao adherirnos a este proxecto, e a utilización do programa mBlock como medio de comunicación co dispoisitivo. Para conseguilo planeamos distintos retos que motivasen á aprendizaxe destes aspectos específicos, pero que tamén necesitasen da aplicación doutras aprendizaxes que se adquiriran nas distintas áreas do currículo.

No último reto que desenvolvimos tratamos o achegamento ao sensor ultrasónico, que se encarga de medir distancias desde o sensor ata un obxecto determinado. Esta capacidade a atopamos na natureza en animais como o morcego e os cetáceos, e que coñecemos co nome de ecolocalización. Mediante a utilización do sensor os distintos grupos tiñan que conseguir que o seu teclado virtual reproducise unha melodía.

Para a realización deste teclado musical primeiro no grupo tiñan que repartirse as distintas funcións, unha foi a elaboración do teclado físico nunha folla de papel e outra a creación do programa que permitise analizar os datos suministrados polo sensor e transformalos en notas musicais. Finalmente ofrecerían un "concerto" coas melodías de cada grupo, na que optaron, pese a que se lles ofrecía unha como exemplo, por crear a súa propia ou tocar unha que xa coñecían. Este reto foi recollido do canal Youtube de JuegosRobótica.es

Nos distintos retos propostos tratamos que os conceptos de robótica estivesen relacionados co traballo noutras áreas e contribuísen á consecución das  diferentes competencias. Deste xeito, a través desta actividade, ademais da competencia dixital, tamén abordamos a competencia matemática, na utilización das unidades de medida, realizando medicións, cálculos sinxelos e utilizando operadores como "menor ou maior que..."; a competencia lingüística, mediante a tradución do texto coas instrucións do programa a través de mBlock; as competencias sociais e cívicas, chegando a acordos dentro do grupo a través do diálogo e distribuíndo as distintas funcións; a conciencia e expresións culturais, mediante a creación de melodías utilizando a escala musical, coñecendo a notación americana, e creando teclados musicais en función do seu gusto estético.


 

Esta foi a presentación que se usou co alumnado para guiar o proceso de solución do reto e que facilitou tanto a comprensión como a realización do programa. Aínda que se propoñía unha melodía como exemplo, todos os grupos optaron pola creatividade ou pola memoria para probar o funcionamento do teclado. Neste vídeo observaredes algúns dos momentos destas sesións e as melodías interpretadas polos nenos/as de 5º de E.P.

Tras coñecer e aprender o funcionamento dos actuadores e sensores básicos, os grupos das aulas de 4º e 5º E.P. terán que deseñar e elaborar un proxecto no que apliquen o aprendido ou, se é necesario, afonden máis en determinados aspectos (novos sensores, novos bloques de programación, novas aplicacións...). Nestes últimos retos os propios grupos serán os que regulen a esixencia e dificultade das actividades. 

Estade atentos ás propostas que xurdirán desde as aulas!

ENCONTROS CO AUTOR: ANA ALONSO

 

A biblioteca do noso colexio acolleu a pasada semana un encontro coa autora ANA ALONSO, autora do libro titulado Marea Negra e no que participou o alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria. A escritora con este libro profundiza na importancia no mundo dos ecosistemas e do desenvolvemento sostible.

 

Xogamos coa xeometría

Durante estas semanas os nenos/as de 4º e 5º de E.P. tiveron que resolver un reto que consistía en conseguir que os robots seguisen un circuíto con diferentes formas xeométricas.

Houbo dúas partes no reto. Na primeira os grupos debían pensar como podían conseguilo utilizando os coñecementos que tiñan sobre os actuadores. Algunhas das solucións foron utilizar os bloques de avanzar e esperar no mBlock e para calcular os desprazamentos que tiña que realizar o robot medían  tempo que tardaba e percorrer cada lado da figura.

Algún dos grupos pensou que podían facelo co sigueliñas, pero descoñecían os valores a utilizar e os bloques necesarios.

Posteriormente planeouse un texto que tiñan que pasar á linguaxe do robot e no que tiñan que utilizar os bloques necesarios para que os sensores sigueliñas actuasen de xeito que o robot permanecese dentro do cricuíto. Co alumnado de 5º, con máis experiencia programando con Scratch só tiveron o texto e axuda puntual a través do EDI. Co alumnado de 4º utilizamos unha presentación coa que iamos guiando o proceso.


A última instrución do texto fai que o robot quede parado se ambos sensores saen do circuíto, pero o reto implica que sempre estea en movemento, polo que tiveron que solucionar este último atranco, pensando en equipo para conseguilo. Os grupos que antes resolveron o problema axudaron a aqueles que aínda non o lograran.

A través deste reto traballouse a competencia matemática, lingüística, social e cidadá e a dixital.

Neste vídeo temos algún dos momentos e resultados do reto, na maioría dos casos houbo que probar varias veces o código xa que había erros que tiveron que detectar e despois solucionar.

 

Bo traballo!

PROGRAMA GEN1OS - VIAXE A MADRID

Ao longo do 1º cuatrimestre do actual curso escolar o alumnado de 5º curso de educación primaria participou nas actividades formativas en programación de videoxogos mediante a aplicación SCRATCH. Para esta actividade contaron coa colaboración dun monitor da entidade Google.org que xunto co profesorado titor de 5º axudaron ao alumnado á realización dos seus proxectos. Esta actividade estivo subvencionada pola ONG "Axuda en Acción".

Os proxectos realizados poden consultarse no seguinte enlace:

https://scratch.mit.edu/studios/3530543/projects/

O vindeiro luns día 12 de xuño 3 alumnos/as de 5º poderán participar na 2ª Edición da Festa GEN10S que terá lugar en Madrid, acompañados do titor de 5ºA. A viaxe realizarase en avión ese mesmo día cos gastos a cargo da ONG "Axuda en Acción".

VER INFORMACIÓN DO CURSO PASADO

Alumnado seleccionado para participar na 2ª edición:

MARTA RODRIGUEZ GONZÁLEZ (5ºA)

RODRIGO VILLANUEVA GIMÓN (5ºB)

PAULA CANEDO OTERO (5ºC)

Acompañante: Mestre titor de 5ºA (Antonio Castiñeira Vázquez)

 

INVITACIÓN 2ª EDICIÓN GEN10S PARTY

AXENDA DÍA 12

 

 

Ola GEN10S!

 

Para comezar dicirvos que foi un día estupendo, unha experiencia única.

 

Ao chegar regaláronnos unha camiseta amarela conmemorativa da 2ª edición de Gen10s

Party. Todos de amarelo, como unha bandada de canarios. Varias charlas-presentación dos

patrocinadores do evento e entregáronnos un diploma a cada participante.

 

Fixemos a presentación dos nosos proxectos, recibimos moitos aplausos, sería porque estaba

bastante ben.

 

Pola tarde participamos en varios talleres: realidade virtual, realidade aumentada (que non é

o mesmo!), robótica, escáner, espellos virtuais ... Todo moi entretido.

 

Facía moita calor, a comida non era moi boa, pero pasámolo moi ben.

 

ÁNIMO GEN10S!

 

 Paula, Rodrigo e Marta

 

 VER GALERíA DE IMAXES

Distribuir contido