blogue dediall

Compartimos os traballos!

O alumnado de 5º e 6º de E.P. compartiu os traballos que elaborou durante o curso con diferentes clases de Educación Infantil e Primaria. Deseñaron os seus xogos e actividades pensando nas idades dos nenos/as con obxectivos diferentes como o repaso de contidos de matemáticas, lingua, ciencias sociais ou para divertirse.

Nestas sesións tamén puideron ensinar algúns dos obxectos que imprimiron tras facer o deseño en 3D.

Deste xeito o venres 14 de xuño acudiu á biblioLab un grupo de 6º de E.I. na que alumnos/as de 5ºC e 5ºA presentaron os proxectos:

  • Animais á meta
  • Miniciudad Playmobil
  • Consulta con el robot
  • Musicalización
  • El zoo
  • Robot sumo
  • Figuras
  • Musicaly

O luns 17 de xuño os outros grupos de 6º de E.I. divertíronse cos traballos que presentou o alumnado de 5ºC, 6ºB e 6ºC:

  • Aprendiendo con GIKA
  • Aprendiendo jugando
  • Abecedario creapalabras mBot
  • Mano robótica
  • Abecedario
  • Reciclaje

A biblioLab volveu a acoller o martes 18 de xuño aos grupos de 5ºB, 6ºB e 6ºC que presentaron os seus traballos a dous grupos de 3º E.P.

  • Campo matemático
  • Carrera matemática
  • Tablero interactivo
  • Parchís

A semana de robótica finalizou o mércores 19 de xuño na que os grupos de 5ºA, 5ºC, 6ºB e 6ºC compartiron cun grupo de 2º e outro de 5º de E.P. os traballos que elaboraron:

  • Ciudad piniplay
  • La aventura de la serpiente
  • Niño inteligente
  • Reciclador
  • Xogo de preguntas
  • Preguntados
  • CVMI

No seguinte vídeo están algúns dos momentos destas xornadas, agradecemos a todos os alumnos/as que participaron nestas actividades.

Traballos de 6º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 6º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

6ºA

 


 

6ºB

 


 

6ºC

 

Parabéns!

Traballos de 5º E.P.

Presentamos os traballos de programción dos robots que realizaron os alumnos/as de 5º de E.P. durante este curso e que tiñan como destinatarios distintos grupos de Educación Infantil e Primaria. Nestes vídeos veredes a presentación do seu proxecto e unha pequena demostración de cada un. Utilizaron diversos sensores e actuadores dos que vimos na clase.


 

Parabéns a todos os grupos polo seu traballo!

5ºA

 


 

5ºB


 

5ºC

Parabéns!

Retos resoltos

Durante estes meses os nenos/as de 5º e 6º estiveron resolvendo varios retos que implicaron a utilización de distintos sensores e actuadores.

No mes de decembro utilizaron o sensor de temperatura que xa coñecían e aprenderon a programar e utilizar o motor servo. O reto que se lles expuso foi elaborar u termómetro que servise para detectar a temperatura (sendor de temperatura) e que, ademais de apreceer na pantalla do ordenador, tamén se puidese consultar nunha representación física (cartolina e motor servo). Neste vídeo nenos/as de 5º de E.P. explican o seu traballo.

 No mes de xaneiro estivemos lembrando algún dos actuadores que posúe o mBot e o sensor sigueliñas. Propúxose un reto con dúas partes que tiña que resolverse en equipo. Tiña que desprazarse unha distancia cara adiante de 20cm. reproducir unha nota musical, acender os leds, para logo retroceder 0,25m., reproducir outra nota e acender e apagar de novo os leds. Primeiro tiñan que resolver o problema sen utilizar o sensor sigueliñas e logo utilizando o sensor. Neste vídeo está  segunda parte resolta por parte dun grupo de 6º de E.P.

 Bo traballo!

Usamos as matemáticas cos mBot

Os nenos e nenas de 5º e 6º de E.P. estiveron practicando e repasando as operacións e os números romanos a través da programación dos mbot, para o que utilizaron a matriz led e o s

ensor de temperatura.

Mediante o traballo en equipo tiveron que solucionar varios retos nos que se solicitaba que mostrasen aos seus compañeiros/as operacións e números romanos que posteriormente tiveron que solucionar no seu caderno, medir a temperatura ambiente da BiblioLab, de distintos vasos con auga, calcular a temperatura media destes e conseguir que a auga tivese unha determinada temperatura, ben un número primo ou un número dado polos mestres/as.

As clases xa utilizaron a BiblioLab para o desenvolvemento deste proxecto, na que se atopan os recursos necesarios para o traballo diario, nestes vídeos mostramos algúns destes momentos.

 

Lembrámosvos que podedes seguir practicando e aprendendo cos mBot na BiblioLab.

Aprende a utilizar os escornabot

No seguinte vídeo observaredes as partes do escornabot que necesitaredes utilizar para facelo funcionar de forma básica, tamén podedes velo en acción.

 

As matemáticas e os escornabot

No desenvolvemento das actividades de robótica aplicada ás matemáticas estivemos traballando co escornabot para practicar as divisións e os números romanos co alumnado de 5º e 6º de E.P.

No vídeo observaredes algúns dos momentos destas sesións coa clase de 6ºA.

Tanto os taboleiros como os escornabot estarán dispoñibles na BiblioLab para que poidades repasar e retar a compañeiros/as de clase ou doutros cursos coas operacións ou con algún número romano.

 

Agardámosvos!

Arte robótica

Empezamos o curso lembrando cos nenos/as de 5º e 6º de E.P. como se montaba e desmontaba o mBot, así como as pezas que o compoñen.

Aproveitando esta actividade en grupo tiveron que, ao mesmo tempo que catalogaban as pezas, montar unha obra artística baseada no Knolling.

Aquí tedes o resultado.

 

Adiviñades que queren expresar con cada imaxe!

Arte robótica

Empezamos o curso lembrando cos nenos/as de 5º e 6º de E.P. como se montaba e desmontaba o mBot, así como as pezas que o compoñen.

Aproveitando esta actividade en grupo tiveron que, ao mesmo tempo que catalogaban as pezas, montar unha obra artística baseada no Knolling.

Aquí tedes o resultado.

 

 

Adiviñades que queren expresar con cada imaxe!

Proxectos finais cos robots

Durante o último trimestre os nenos/as de 4º e 5º estiveron traballando nos seus proxectos finais para os que utilizaron os mBot para desenvolver actividades con diversos obxectivos. O mércores 20 de xuño compartiron os seus traballos co alumnado de Educación Infantil.

Os nenos de 4º A e B deseñaron diversos xogos cos que aprender a sumar, as cores ou os números...para o alumnado de 6º de E.I. Utilizaron os sensores sigueliñas, de luz, ultrasónico, ademais dos actuadores de movemento, os leds de cores e as matrices led.

Os grupos desenvolveron:

  • Xogo de operacións, no que o robot avanzaba se o resultado que daban á suma  era correcto e retrocedía se era incorrecto. O obxectivo era chegar á meta.
  • Seguídeme!, no que o robot tiña predefinidos percorridos e os nenos/as tiñan que facer unha ringleira e seguilo.
  • Robot discoteca, cando detectaba un determinado nivel de luz o robot reproducía unha música e comezaba a moverse.
  • Teclados, varios robot permitían desenvolver un teclado acendendo luces con cada nota.
  • Robot prudente, no que percorría unha rúa e detíase cando unha persoa cruzaba polo paso de peóns.
  • Aprendemos cores e números, cando se di un número ou cor hai que levantar o cartón e o robot se despraza e se detén diante del, para logo retroceder agardando outro obxectivo.

  • Robot saúdo, o robot saúda a través da matriz led e logo a través do ordenador saúdaos chamándoos polo seu nome.
  • Aprendemos os animais. No taboleiro hai uns cartóns coas imaxes e nomes de animais, cando soa a voz dun animal teñen que sinalalo e se é correcto o robot proxecta na matriz led unha cara alegre e luz verde, se non é correcta unha cara triste e luz vermella.

 

 

 

Os nenos/as de 5ºA elaboraron catro contos para os que prepararon primeiro os escenarios e logo programaron os robots para que os percorresen utilizando os sensores sigueliñas. O mércores 20 exerceron de irmáns maiores cos nenos/as de 4º E.I., este foi o resultado:

Grazas pola implicación no proxecto tanto por parte dos nenos/as, como por parte das titoras/es.

Moitas grazas!

Distribuir contido