Skip to Content

Infantil

  • warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.
  • warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

Traballos dos/as nenos/as de Infantil sobre Quesada

Este ano recibimos da Fundación Xaime Quesada Blanco (creada para recordar a traxetoria do pintor) uns cadernos para traballar a obra de Jaime Quessada e a do seu fillo. Nas clases traballamos con estes cadernos e na aula de ordenadores fixemos reproduccións de algúns dos cadros destes pintores utilizando o programa de software libre de debuxo infantil Tuxpaint. Aqui hai un exemplo dun traballo do caderno e duns debuxos feitos co ordenador (facendo clic nas imaxes accédese a Galeria de fotos do centro onde están as demáis obras dos/as pequenos/as)

Moucho Noa 3 anos B

Pantallazo do traballo dos nenos co Tuxpaint

Reprodución cadro de Jaime Quesada

ACTIVIDADES DE PSICOMOTRICIDADE

Aproveito para engadir as fotos das clases de psicomotricidade que imparto ós/ás alumnos/as de infantil, e para contarvos un pouco o que facemos nesa hora semanal. Lles propoño principalmente circuítos, xogos (“o pano”, “peixes pescados”, “escondite inglés”... utilizando material variado: aros, paracaídas, túnel, pontes, etc.) cancións e bailes, volteretas, etc.

FACENDO CLIC NA IMAXEN PODEDES ACEDER Á GALERÍA DA WEB DO COLE ONDE HAI FOTOS DESTE EVENTO

Como novidade este ano, como sabedes, introducimos ademáis o ioga e foi unha experiencia que, en xeral, ós/ás nenos/as lles encantou. Estas sesións de ioga, que normalmente faciamos cara ó final da clase, as acompañabamos de vídeos infantís que motivaban aínda máis ós/ás alumnos/as. A maioría destes vídeos están en inglés, o que nos axudaba ademáis a practicar este idioma un pouco, xa que eu ía traducindo o contido e, ó final, ata se sabían a letra dalgunha das cancións.

Estes vídeos os podedes atopar en “youtube”, simplemente poñendo “yoga para niños” o “yoga for kids” (en inglés é onde atopamos máis vídeos interesantes). Aquí vos copio algunhas imaxes e algúns dos enlaces dos materiais que máis usamos:

http://www.youtube.com/user/CosmicKidsYoga

http://www.youtube.com/watch?v=g6B_OaTQm2I

http://www.youtube.com/watch?v=SP5p1gLUOHI

http://www.youtube.com/watch?v=lH7H5fTEq8U

Como vedes, o inicio desta mensaxe tamén podedes ver algúns vídeos dos nenos de 3 anos facendo ioga nas miñas clases ou descargalos nos adxuntos. Espero que vos gusten.

Saúdos e bo verán,

A mestra de psicomotricidade,

Pili Vidal

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

sentímolo, flash non está dispoñible.

Distribuir contido


by Dr. Radut