Skip to Content

Voz Natura

Día da árbore - Plantación no Pedroso

Con motivo do Día da Árbore e invitados polo SEPRONA, o alumnado de 4º de primaria desprazouse ata o monte Pedroso de Santiago para facer un plantación de castiñeiros e realizar distintas actividades na natureza.

Acompañados polos titores/as e dirixidos por persoal técnico do SEPRONA fixemos a plantación. Logo repartimonos en dous grupos, "noces" e "castañas". Adentrámonos nun bosque de acacias, especie invasiva, que ameaza con extendense por todo o Pedroso, sendo necesario o seu control.
Despois chegamos a un souto de castiñeiros e carballos no que descubrimos a importacia das árbores autóctonas. Ali atopamos un carrabouxo co seu verme incluido. Tamén vimos rastros de xabaríns e mesmo a árbore na que se rascaban.

Fixemos tamén un xogo de búsquedas por equipos.

Despois de merendar, poedemos mirar por un catalexos de gran alcance e mesmo traballamos co material de investigación de incendios.

Rematamos a xornada cunha demostración do uso da motobomba de extención de incendios.

Queremos agradecer ao persoal do SEPRONA, (Santiago, Mónica, Carlés, Xavier, ..) pola súa acollida.

Prema na imaxe para ver a galería completa.

Proxecto Voz Natura

Este curso somos unha das máis de cuarenta incorporacións ao Proxecto Voz Natura da Fundación Fernandez Latorre do Xornal "La Voz de Galicia"

Árbores frutais

E por se os enxertos fallaran, alguén decidiu plantar frutais no monte que rodea o aulario de infantil.

En realidade estamos seguros de que non fallarán xa que ar ramas medraron e as follas brotaron sen problema.

Aínda así, en novembro plantáronse cinco frutais. Colaboraron nenos e nenas de sexto e tamén os de infantil.

Agora, a coidalos.

 

Premendo na imaxe accederemos a galería da plantación

O invernadoiro

O horta quedóusenos pequena e descolocada.

Ademáis, a convocatoria do Concurso de Voz Natura iluminounos.

Por qué non facer un invernadoiro para o centro no que cada aula ou ciclo poida dispoñer dunha pequena parcela?

Solicitouse a participación e unha vez aceptada, máns a obra.

O Concello arreglou a parcela xunto ao aulario de infantil e tamén o seu peresoal armou un estupendo invernadoiro.

Agora, xa está abonado e parcelado. Para elo, tamén colaborou a planta de reciclaxe da Mancomunidade situada en Lousame, doándonos o abono necesario.

Premendo na imaxe entraremos na galería de imaxes do invernadoiro:

Melloras no muro

Fagamos a entrada agradable, veremos a xornada que nos espera de forma optimista.

E así foi como nos puxemos a adecentar na medida do posible o muro da entrada ao centro, polo que necesariamente pasa toda a comunidade escolar para acceder ao centro.

Primeiro mellorouse o verde, as plantas e viuse que non era suficiente.

Logo, cun esforzo económico importante e coa axuda de persoal do concello,  blanqueouse.

Pero, como unha cousa chama a outra, tivemos que poñer goteo en toda a zona para irrigar toda a plantación.

Premendo na imaxes poderemos acceder á galería completa do muro.

Antes Despois

Case unha horta

E xa postos, podemos sacarlle producto ao terreo.

Uns tomates, unhas fabas, unhas leitugas, perexel.

Xa non nos conformamos con mellorar o entorno, queremos producir!!!!!!!

Xurde así un primeiro ensaio, que entre bromas e chistes sería o xerme do actual invernadoiro.

Nun pequeno terruño esquecido e maltratado, fixemos a primeira plantación que dou os primeiros foitos: tomates

Antes Despois
 

Premendo nas imaxes accédese á galería do muro e da horta

Inxertos

A mini horta deu a súa primeira colleita, pero, poderiamos ter frutos no colexio?

No patio de primaria temos unha pereira brava. Seguramente, enxertándoa....?

Pois xa está feito. Un pai e un veciño dun alumno de 6º acudiron prestos a chamada.

Na galería dos inxertos podemos ver a evolución completa do proceso. Seguramente no próximo verán xa teremos os primeiros resultados.

Premendo na imaxe poderemos acceder á galería de inxertos:

Hoxe a lección correu a cargo dun pai e dun abó.

Poida que todo empezara así...

Alguén pensou que o colexio podía ser doutro xeito. Un lugar máis limpo, atractivo, verde e florido.

E alguén empezou a coidar o patio para intertar facer del un xardín.

Unha flor aquí, arracar unhas herbas alí, recoller papeis acolá.

Dese xeito, case sen querer, envolveunos a todos.

Primeiro no muro,seguiron cos enxertos, logo a necesidade da rega, de seguido os frutais, máis tarde o invernadeiro, e xa veremos onde acaba esto.

A verdade é que estamos empezando, con pasos vistosos e agradecidos e con ilusión para seguir traballando.

Distribuir contido


by Dr. Radut