Skip to Content

Ed. infantil

Hospital de Osiños

O día 19 de febreiro de 2015, estudantes da Facultade de mediciña da USC, estiveron desenvolvendo uns obradoiros co alumnado de 6º de infantil.
Achegamos un video resumo da actividade.

sentímolo, flash non está dispoñible.

As pequenas e pequenos descubrimos a eclipse

O alumnado de infantil tamén quería descubrir que acontecería o día da eclipse e foron Irene e Pamela, as profes de prácticas, quen no lo explicaron con moita calma.

Agora entendemos mellor o que é, como se produce e que debemos facer para velo con seguridade.

Comemos o Antroido

Todos os anos en colaboración coas familias en Infantil "COMEMOS O ANTROIDO", é dicir, facemos unha festa na que degustamos aqueles pratos típicos destas datas.

 

 

 

Fíxose a luz

E fíxose a luz. As profes Eva de 1º A e María de infantil experimentan co alumnado sobe a creación do universo e a aparición da luz. Tentando seguir o método científico, facemos entre todos unha hipótese sobre cómo pensamos que apareceu a luz no noso universo e o que pensamos que vai a acontecer co experimento.

 

sentímolo, flash non está dispoñible.

Tras observar o resultado lemos o libro: LA SENSACIONAL HISTORIA DEL MUNDO, por Neal Layton da Editorial Molino, e plasmamos o aprendido cun debuxo.

OS GHAZAFELHOS EN PEDROUZOS

Este xoves, 13 de novembro, a compañía de teatro Ghazafelhos estivo representando a obra "O país dos mandóns" no noso colexio para o público máis pequeno, é dicir, infantil e os niveis de 1º e 2º de Primaria. Tamén nos acompañaron as mestras e alumnado das unitarias de Sabaxáns e A Luaña.

Unha aventura emocionante na que todas e todos disfrutamos con Pepablo Patinho, Montse Piñón e Jorge Casas, tres grandísimos actores que  fixeron rir tanto aos máis pequenos coma aos non tan pequenos.

Agradecer ao concello a súa colaboración.

 

Degustación froitos de outono

Hoxe como todos os anos en Educación Infantil celebramos o Samaín entre outras actividades cunha desgustación de froitos de outono. Constitúe un intre de encontro e de compartir aprendizaxe sobre distintas froitas e a súa clasificación en FROITOS CARNOSOS, SECOS E DESECADOS.

SE PREMEDES NAS FOTOS PODEDES VER COMO NOS DIVERTIMOS ESE DÍA

Posteriormente cada un de nós realizou un debuxo da froita que máis lles gustou.

Contos de medo polo Samaín

O alumnado de Educación Infantil durante toda a semana durante o Plan lector escoitou contos de medo polo Samaín. Leron os contos a profe Susana, a profe María e a profe Mónica

 

 

Foi terroríficamente divertido!!!

Seoane móstranos a luz

Coa profe Ariana estamos a traballar a obra de LUIS SEOANE, o pintor galego, coas súas grandes vidrieras proporcionanos a oportunidade de estudar a teoría da cor e o PROXECTO DA LUZ que estamos a traballar na escola. Queremos mostrarvos o resultado.

Novas reunións de titorías

Luns 22 de setembro ás 16:45h:

  • 5º e 6º de infantil. No ximnasio do centro

Martes 23 de setembro ás 16:45:

  • 3º de Primaria na biblioteca
  • 4º de Primaria, cada curso na súa titoría.

Luns, 29 de setembro ás 16:45 h.

  • 5º e 6º de Primaria, cada curso na súa titoría

Nelas os titores/as comentaras as novas deste curso escolar, normas e organización escolar.

Reunión 4º infantil: Periodo adaptación

Informamos da convocatoria de reunión coas familas de 4º de Ed. Infantil para tratar entre outras cuestións, o PERIODO DE ADAPTACIÓN e entrevista persoal.

Data: 4 de setembro de 2014

Hora: 16:30h

Lugar: Biblioteca do centro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut