Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

RECOMENDACIÓNS DE LECTURA PARA NADAL

Dende a biblioteca do CEIP Pedrouzos enviamos unhas recomendacións de libros para o Nadal. Unha aperta e boas festas.

BADALADAS 2022!!

Prezadas familias: O vindeiro xoves 22 de decembro, último día deste trimestre, celebraremos no centro unha festa para todo o alumnado simulando as "BADALADAS de FIN de ANO" e tomando as uvas (que substituiremos por gusanitos). Os rapaces e as rapazas que queiran, poderán vir vestidos/as de xeito elegante para dita celebración. Ademáis faremos unha chocolatada e tomaremos rosca para acompañar. Tendo en conta sempre as alerxias e intolerancias alimentarias. Para rematar, todos e todas gozaremos dunha sesión de baile.

PASÁDEO BEN E QUE TEÑADES UNHAS BOAS FESTAS DE NADAL.

EQUIPO DE ACTIV. EXTRAESCOLARES. 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022

Logo da votación para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR e do Claustro do centro, fánse públicas as candidaturas elexidas.

CANDIDATURAS ELEXIDAS PAIS E NAIS:

  • Blanco Bonjour, Andrea
  • Rodríguez Vázquez, María José
  • García Otero, Jesús
  • Tembra Piñeiro, Ana Isabel

CANDIDATURAS ELEXIDAS CLAUSTRO DE PROFESORADO:

  • Vidal Puga, Mª del Pilar
  • García Blanco, Mª del Carmen
  • Castro Díez, Eva
  • Fernández Fuentes, Victor Manuel
  • Signiorini Míguez, Carlos

Poden consultarse os resultados da votación no taboleiro do centro.

DIRECCIÓN

A BIBLIOTECA ABRE DE NOVO AS SÚAS PORTAS.

E por fin... Chegou o día... A biblioteca abriu as súas portas...

Hoxe visitounos para a inauguración Sonia Blanco que veu a presentarnos "A pedra vermella" para os máis pequenos e pequenas do colexio!

   

   

Convócanse eleccións para renovar a Xunta Directiva da ANPA Andaravía

A ANPA Andaravía convoca eleccións para renovar a súa Xunta Directiva. O regulamento que rexe o proceso está dispoñible para consulta no taboleiro do centro e pode descargarse nesta ligazón, pero resumímosvos aquí a información fundamental:

1. Elixiranse un máximo de 15 persoas para formar parte da Xunta Directiva da ANPA Andaravía para os cursos 22-23 e 23-24.

2. Todas as persoas socias que estean ao corrente do pagamento dos recibos da ANPA poden participar, como candidatas e como votantes.

3. Para facer efectivo este dereito, deberán asegurarse de figurar no censo electoral que xa está publicado no taboleiro de comunicados do CEIP de Pedrouzos. Calquera reclamación sobre o censo pode enviarse ao correo andaravia.anpa@gmail.com, antes do 30 de novembro.

4. As persoas que desexen presentar a súa candidatura á Xunta Directiva, poderán facelo antes do día 9 de decembro a través deste formulario.

5. No caso de que haxa menos de 15 persoas candidatas, proclamarase automaticamente como xunta directiva e darase por finalizado o proceso electoral.

6. No caso de que haxa máis de 15 persoas candidatas, haberá votacións o día 16 de decembro no CEIP de Pedrouzos.

En calquera caso, antes do Nadal comunicarase ás familias socias a constitución da Xunta Directiva e o reparto de responsabilidades.

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022

Prezadas familias:

Unha vez rematado o prazo de presentación de candidaturas para a elección dos representantes de nais e pais do alumnado no CONSELLO ESCOLAR do Centro, a XUNTA ELECTORAL do CEIP de Pedrouzos fai pública a relación de nomes das/os candidatas/os que se presentan á referida elección, segundo indicamos de seguido por orde alfabético de apelidos:

1.- García Otero, Jesús

2.- González Sánchez, Patricia

3.- Tembra Piñeiro, Ana Isabel

Segundo o establecido no artigo 40 do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 09/08/1996) corresponde elixir no presente proceso electoral a 2 nais/pais, dun total de 5 que debe ter o Consello Escolar. As/os outras/os representantes de nais/pais continúan como consecuencia da súa elección anterior no ano 2021 e por designación da ANPA.
O vindeiro luns 28 de novembro, en horario de 14:30 a 18:00 estará aberta a mesa electoral para a votación e elección de representantes.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Brión, 21 de novembro de 2021

O DIRECTOR DO CENTRO E
PRESIDENTE DA XUNTA ELECTORAL

RENOVACION PARCIAL CONSELLO ESCOLAR 2022

O luns 7 de novembro celebrouse a primeira reunión da Xunta electoral que regulará este proceso de renovación.

         Data: 7 de novembro de 2022

         Lugar: Sala de profesorado

         Asistentes:

                          -Presidente: Xoán M. Cabo Pérez

                          -Mª del Pilar García Codesido, representante do profesorado

                          -Alberto Álvarez Escudero, representante dos pais/nais

                          -Sandra Patricia Pena Muíños, representante do persoal non docente

Orde do día:

  1. Constitución da Xunta Electoral

  2. Aprobación do calendario electoral

  3. Apertura do período de presentación de candidaturas.

Apróbase o calendario electoral, e establecese o período de presentación de candidaturas.

Reunida a Xunta Electoral do centro con data 7 de novembro de 2022, acorda aprobar o período electoral segundo segue:

 Do 10 ao 18 de novembro
  • Prazo de presentación de candidaturas aos distinso sectores. 
 21 de novembro
  • Admisión, proclamación e publicación de candidaturas.
  • Sorteo público para a designación dos membros das mesas electorais.
 28 de novembro

          VOTACIÓNS:

         -Profesorado. (Ás 18:00h)

         -Pais, nais e titores legais do alumnado. (De 14:30h a 18:00h)

 30 de novembro
  • Proclamación e publicación de candicatos/as electos/as.

Achegamos documento para a inscrición de candidaturas, que deberán entregar debidamente cumprimentado na secretaría do centro se desexan presentar a súa candidatura.

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2022/2023

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

Distribuir contido


by Dr. Radut