Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

COMEDOR ESCOLAR: MENÚ 1º TRIMESTRE 2022/2023

Xuntamos menús correspondentes ao 1º trimestre. Poden consultalos no documento adxunto. Se algunha familia precisa de copia impresa, pode solicitala no centro.

Bo proveito!!

ALUMNADO USUARIO DO SERVIZO DE TRANSPORTE 2022-2023

Tal coma se recolle na INSTRUCIÓN CONXUNTA 1/2022, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES E DA DIRECCIÓN XERAL DE MOBILIDADE DA CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE, SOBRE A XESTIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE DE ESCOLARES NO CURSO ESCOLAR 2022-2023

"os usuarios con dereito a transporte escolar que non fagan uso do mesmo de xeito continuado, perderán dita condición de usuario con dereito"

polo que a partir do4 de OUTUBRO, o alumnado que non teña feito uso do transporte escolar ata esa data, perderá o uso da praza asignada no mesmo.

A Dirección

LISTAXES DEFINITIVAS SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2022 - 23

Publícanse as listaxes definitivas para o servizo de comedor do curso 2022-23.

ALUMNADO CURSO 2022-23

Publícanse as listaxes dos grupos de alumnado para o curso 2022-23. Poden consultalos no taboleiro interior de centro.

 

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2022-23

Todo o alumnado que presentou correctamente a solicitude para o servizo de transporte escolar, foi admitido.

Lembren que o horario de saída do servizo pola tarde dende o centro, será todos os días ás 16:30h.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 12 de setembro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 6º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

Xúntase listaxe de material.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

O vindeiro LUNS 12 de setembro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 5º de Infantil.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia.

A entrada ao centro será polo portalón de acceso dende os buses.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 3 de outubro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 5º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

Xúntase listaxe de material.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 3º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 26 de setembro ás 17:00 horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 3º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

A entrada ao centro será pola porta de acceso principal (porta do telefonillo).

Xúntase listaxe de material.

REUNIÓN INFORMATIVA PARA ALUMNADO DE 2º DE PRIMARIA

O vindeiro luns 12 de setembro ás 17:00horas, faremos unha reunión informativa para as familias do alumnado que o vindeiro curso estará nas aulas de 2º.

Pregamos que tan só asista unha persoa por familia e sen os/as nenos/as.

A entrada ao centro será pola porta de acceso principal (porta do telefonillo).

Xúntase listaxe de material.

POR FAVOR, O XOVES,  COMUNICADE MEDIANTE A AXENDA SE O/A NENO/A USA O COMEDOR E A HORA DE SAÍDA DO CENTRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut