Skip to Content
Lugar de Pedrouzos s/n Brión , A Coruña, Tfno 881866078 ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

RESOLUCIÓN SOBRE O CAMBIO DE HORARIO NA SAÍDA DOS AUTOBUSES ESCOLARES PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025

INFORMAMOS que o procedemento para o cambio do horario de transporte xa está resolto de forma FAVORABLE nos seguintes términos:

A petición do centro escolar foi reformulada polo servizo de Apoio Aos Servizos Educativos que determina que pode aceptar, cos medios actuais adscritos ao contrato o seguinte:

  • Entrada sen modificacións: 9:35h chegada transporte escolar e 09:45h horario escolar.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Luns, Mércores, Xoves e Venres: 15:35 h.
  • Saída transporte escolar despois de comedor: Martes: 16:20 h.

Polo tanto, esta Dirección Territorial, unha vez vistas as alegacións, resolve: 

Autorizar o cambio de horario de transporte escolar solicitado polo CEIP de Pedrouzos (Brión) nos termos das alegacións presentadas pola empresa contratista con data de efectos do inicio do curso escolar 2024/2025.

Dirección.

PAGO DE COMEDOR ESCOLAR (Titorial)

A partires do próximo mes de xaneiro, o pagamento do recibo emitido polo centro educativo, deberá ser aboado ata o día 20 do mes no que reciben dito recibo, prazo estabrecido na normativa reguladora dos comedores escolares. Este pago, é requisito para continuar empregando o servizo de comedor escolar no vindeiro mes.

LEMBRAR que no caso de NON ASISTENCIA AO COMEDOR ESCOLAR e aplicando a normativa de comedores, as familias DEBEN AVISAR, COMO MÁXIMO NO DÍA DE AUSENCIA AO COMEDOR, A SER POSIBLE ANTES DAS 09:45 DA MAÑÁ, para que non lles sexa cobrado o día.

Dita ausencia comunicarase directamente ao correo electrónico comedor@pedrouzos.gal. 

 

RECOMENDACIÓNS PREVIAS:

LISTAXES GRUPOS CURSO 2023-24

Publicanse no taboleiro de centro as listaxes dos grupos para o curso 2023-24.

ADMISION SOLICITUDES PARA COLABORADORES NO SERVIZO DE COMEDOR CURSO 2023-24

Ábrese o prazo de admisión de solicitudes dos membros da comunidade educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024, ATA O 8 DE SETEMBRO.

LISTAXE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Xúntase listaxe de libros de texto para o curso 2023/2024, logo de correxir o ISBN da materia de inglés en 3º de primaria e de Ciencias Naturais en 2º

Desculpen as molestias.

Recomendacións de Verán 2023.

Como cada ano dende o CEIP de Pedrouzos queremos desexar un bo verán a todos cheo de lecturas.

Aquí vos deixamos as nosas recomendacións

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO - CURSO 2023/24

O prazo para formalizar a matrícula do NOVO ALUMNADO que  foi admitido no noso centro para o curso 2023/2024, ábrese o día 20 de xuño ata o 30 de xuño.  Para facer calquer modificación na matrícula do alumnado que xa está no centro, deberá facerse no mesmo prazo.

O horario de secretaría é  9:30 h. a 13:30 h. de Luns a Venres. 

Documentación para a matrícula:

  • Anexo III - 1.
  • Fotocopia do DNI dos proxenitores e do menor, se é o caso.
  • Fotocopia do Libro de familia.
  • Certificado de empadroamento actualizado da unidade familiar.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria e cartilla de vacinas.
  • Autorización de permiso de imaxe.
  • Autorización saídas extraescolares.
  • Autorización saídas de centro.
  • Autorización para saída dende transporte escolar.
  • Solicitude Transporte e Comedor escolar (OBRIGATORIO presentalo tanto soliciten ou non)
  • Cuestionario de alerxias e intolerancias alimentarias, se procede
  • Certificado que acredite minusvalía do alumno/a, se procede.
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio ou de ser o caso, convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
  • Enquisa uso familiar lingua.
  • Cuestionario uso da lingua.

Poden descargar os impresos ou recollelos en conserxería.

Deben traer as copias feitas así coma os orixinais para o caso de que se precise o seu cotexo. Non é preciso traer aquela documentación presentada durante o proceso de admisión (empadroamento, libro de familia...) a non ser que cambiase a súa situación.

INSTRUCIÓNS PARA DEVOLUCIÓN DE LIBROS DE TEXTO PERTENCENTES AO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS (Alumnado de 3º e 4º de primaria)

O prazo máximo para devolvelos será o 21 de xuño 2023. Non se admitirán devolucións despois dese día e marcarase na aplicación como non devoltos. A falta de devolución será causa de exclusión da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2023/24.

CONDICIÓNS DE DEVOLUCIÓN

Prazo de devolución: do mércores 14, ata mércores 21 de xuño.

Devolveranse baixo a supervisión da titoría, que  comprobará se cumpren as condicións de devolución.

  • Os libros deben ser devoltos en bo estado, a ser posible sen o forro, sen marcas de lapis, bolígrafo, pegamento, e sen nome (por favor retírenlle as etiquetas co nome do alumno ou alumna).

  • ACTIVITY BOOK non se devolve, considérase material funxible. O CLASS BOOK é o que hai que devolver, de ser o caso.

SOLICITUDE SERVIZOS COMPLEMENTARIOS DE TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2023-24

TODO O ALUMNADO DEBE PRESENTAR OS IMPRESOS TANTO SE SOLICITA COMO SE NON SOLICITA.

Lembren que o horario de atención ás familias é de 9:30 a 13:30h.

 1º - ALUMNADO DO CENTRO

O prazo para solicitar os servizos complementarios dende o LUNS 12 DE XUÑO ata o LUNS 19 DE XUÑO, ámbolos dous incluídos. 

Repartiranse os impresos a través dos titores/as, e una vez cubertos, entregaranse nas titorías. 

alumnado de 6º curso que non pase para o IES, deberá recoller os impresos na CONSERXERÍA, xa que para este alumnado non se reparten as solicitudes. 

2º - ALUMNADO NOVO NO CENTRO QUE AÍNDA NON FORMALIZOU A MATRÍCULA

Deberán descargar os impresos da páxina web do centro ou ben solicitalos na CONSERXERÍA.

O prazo para presentalos é o mesmo que o de matrícula, dende o 20 ATA O DÍA 30 DE XUÑO.

E AQUÍ TEMOS A GAÑADORA DA CESTA... NORABOA!!

Aquí tedes á gañadora do sorteo da cesta... e o vendedor da rifa premiada, Martín. A venda de rifas foi un éxito. Grazas a todos e todas por participar e aos provedores do comedor pola doazón dos produtos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut