Skip to Content

Visita á exposición Auga Doce na Cidade da Cultura

 

 
   

Máis fotos na galería

O 21 de maio fomos á Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, a ver unha exposición sobre a auga doce.

 

A primeira parte trataba sobre “augas escondidas” que son as augas subterráneas, que servían para encher os balnearios no mundo. No chan dos balnearios colocaban unhas peciñas pequenas que se usaban para que as persoas non esvararan formando debuxos artísticos chamados mosaicos.

 

Nas paredes víanse cadros pintados por Castelao. Noutra vitrina estaba exposto un gaido que serve para buscar auga subterránea. Explicáronos o uso que as persoa facemos desas augas que frecuentemente son medicinais e Galicia é moi rica nestas augas, polo que se foron construíndo balnearios ao redor de toda a xeografía de Galicia, como en Mondariz, Caldas de Reis, Cuntis, Guitiriz, Arnoia...

 

Todas eran manifestacións artísticas co tema principal da auga, a relación dos pintores, dos artistas, coa a auga, cos ríos, co xeo … deste xeito vimos un cadro que simboliza a conquista romana de Galicia.

 

Cando ocurriu este feito histórico de que os soldados non quixeran cruzar o río Limia porque a paisaxe e a beleza das súas veigas, así como as augas escuras do leito do río, lembráballes o río Letes. A tradición dicía que se cruzabas as augas deste río convertiríaste nun desmemoriado, sen memoria.

 

Foi o xeneral das tropas o que cruzou primeiro as augas do Limia, e logo na outra beira empezou a nomear aos soldados que mandaba comprobándose así que non perdera a súa memoria.

No chan había pedras do río Miño amoreadas, O río Miño é o máis grande de Galicia.

 

Noutra planta atopamos cadros de David Hockney formando o que se chama unha triloxía porque consisitía en tres cadros: o lóstrego, a neve e a choiva.

 Ao final da exposición vimos un cubo grande de cristal que tiña auga condensada nunha das caras transparentes, era como un símbolo de que a auga é vida para os seres vivos. Noutro recinto estaba dedicada ao repicipientes ou espacios para almacenar auga. Había recipientes de arxila de diferentes tamaños e formas. O máis curioso era unha ánfora antiga chea de pequenos buratos. Non podía ser para almacenar auga porque se escaparía polos buratos. Tratábase dunha anguieira. Era para conservar vivas as anguías. Metíanse no recipiente pechado por riba e colocábase dentro dun pozo para conservalas frescas e á vez as anguías comían os bichos que houbese no pozo.

 

Noutra sala había unha maqueta dunha acequia para sacar auga e obras de enxeñería romana coma un acueduto, concretamente o acueduto de Segovia, cos seus arcos , e ao final había unha casa onde se depuraba a auga para facela apta para o consumo.

 

Vimos tamén, roupas que usaban as persoas para protexerse da auga: unha capa pluvial con ricas teas e moi adornada con fíos de ouro e debuxos florais que usaban os bispos de Santiago, unha coroza que usaban os nosos labregos, feitas con pallas secas trenzadas e un chapeu vietnamita grande para traballar nas leiras cando chove...

 

Gustoume moito pola cantidade de cousas diferentes que vimos relacionadas coa auga doce: Auga para beber, auga para regar, xeo para facer casas, auga para sanar... auga para a arte.

 

Martiño Rodiño e Roi Penabade 3ºC

 



story | by Dr. Radut