Skip to Content

PLan de autoprotección - Simulacro de evacuación

Persoal do Consorcio Provincial contra Incendios de distintos servicios de Bombeiros comarcais (Santiago, Boiro,...) e do GES de Brión (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) ao que pertencen varios pais de alumnos/as do centro, impartiron charlas sobre autoprotección nas distintas aulas e niveis educativos do centro. Finalizaron a súa charla facendo simulacros que obrigaron ao alumnado a sair de xeito ordenado e reunirse no punto de encontro asignado para a actividade.

O alumnado de infantil, entre outras actividades, puido elaborar o seu carnet de bombeiro escolar.

A actividade foi proposta e  coordinada por Martín Rudiño pai de dous alumnos de infantil e 6º de primaria.

Toda a Comunidade Escolar agradece a este equipo de profesionais a súa participación voluntaria nesta xornada.

Premendo na imaxe podemos acceder a unha completa galería da xornada. Tamén podes elaborar o teu carnet imprimindo o modelo que che propoñemos.

AdxuntoTamaño
carnet_bombeiro.pdf128.06 KB
recorda_autoproteccion.pdf392.21 KB


page | by Dr. Radut