Skip to Content

O Carriño da Igualdade

Está circulando polas aulas de infantil un precioso carriño que vai cheo de libros cun tema común: a Igualdade.

Nesta semana que estamos a conmemorar o Día da Muller, queremos que os nosos nenos e nenas reflexionen sobre a necesidade de que os dereitos de homes e mulleres sexan os mesmos e  que ambos teñan as mesmas oportunidades. Titulos como "O país dos Mandóns", "Rosa Caramelo", "Arturo e Clementina", "O segredo de Flora", "A urna dos desexos"... forman parte deste carriño que están a disfrutar os máis pequenos do centro.

 

 



story | by Dr. Radut