O día de San Valentín, declarámonos namorados das viaxes, namorados de coñecer outros países e outras culturas.
Na entrada do cole construímos entre todos un gran corazón con tarxetas de distintos lugares: Xapón, Sudáfrica, México, Exipto, Australia, EEUU ... e moitísimos outros países están representados, prácticamente temos imaxes de todo o planeta.
O noso corazón é ben grande e nel colle todo o mundo!