Skip to Content

DEGUSTACIÓN DE FROITAS DE OUTONO EN INFANTIL

Hoxe 30 de Outubro, os nenos e nenas de Infantil fumos á biblioteca a escoitar contos de medo polo Samaín.

 

Mentras nós pasabámolo en grande, os nosos e as nosas profes ademais de coidarnos preparáronnos unha fantástica merenda na que degustamos froitos típicos do outono e produtos elaborados con eles.

 

Pero antes de saborealas, observámolas e ulímolas, repasamos os seus nomes e clasificámolas en FROITOS CARNOSOS, FROITOS SECOS E FROITOS DESECADOS.

Foi unha GRAN MERENDA e un GRAN DÍA!!

SE PREMEDES NAS IMAXES PODEREDES VER MÁIS FOTOS NA GALERÍA



page | by Dr. Radut