Skip to Content

Festa fin de curso

Despois dun duro curso de traballo, chegan para os nosos alumnos e alumnas as merecidas vacacións de verán. A última xornada lectiva foi un día especial con actividades lúdicas. Nas aulas realizáronse  bailes, xogos, unha pequena obra de teatro... Despois repuximos forzas cunha chocolatada acompañada de rosca. Como remate tivemos a actuación do grupo musical e teatral "Migallas".

Os rapaces o pasaron moi ben en compañia dos seus compañeiros e profesores.

Desexamos que teñades unha boas vacacións e despedímonos con magoa dos nenos e nenas de sexto que comezan o próximo curso unha nova etapa co paso ao instituto! (ver fotos)

 

 



page | by Dr. Radut