Skip to Content

8 marzo Día da Muller

Este día tivemos a visita de mulleres relacionadas profesionalmente co Mar. Faláronnos dos seus traballos e da importancia que as mulleres teñen neste sector laboral.

 

Dominique e Loli son Mariscadoras de Noia, a primeira á pe e a segunda a bordo dun barco de faena. Trouxéronnos algunas das súas ferramentas e vestimenta  de traballo así como unha pequena mostra de ameixas vivas da ría de Noia. Démonos conta da dureza e do esforzo que esixe o seu traballo. Viñeron acompañadas de Félix, presidente do Museo do Mar de Noia ao que xa coñecíamos das visitas realizadas con el á Praia do Testal e ao Museo.

Tamén tivemos a sorte de contar con Carmucha e Lola, bisavoa e avoa dun neno de Infantil, elas adicaron toda a súa vida a traballos relacionados co mar: venda de peixe, conserveira e agora Lola segue traballando como redeira no porto de Malpica. Contestaron moi amablemente a todas as preguntas feitas polos rapaces e rapazas. Nesta mesma charla, estivo Mª José, mamá doutro dos nosos alumnos, ela é bióloga e traballou  na prevención de riscos laborais en barcos de pesca. Falounos do seu traballo e ensinounos moitas fotos realizadas cando navegaba nos barcos.

Ver vídeo Mª José

Ver vídeo Lola e Carmucha

 

 

 

Luisa, científica mariña do CSIC de Vilagarcía, faloulle ao alumnado máis novo  sobre a súa experiencia laboral. Primeiro,  a través dun xogo, eles tiñan que descubrir cal era o seu traballo e logo pasou a contarlles cousas moi interesantes sobre o mar e animais marinos aproveitando debuxos animados e vídeos. Ver vídeo

 

 Moitísimas grazas a todas elas por permitirnos ter en Pedrouzos unha xornada tan especial!



page | by Dr. Radut