Skip to Content

Conto inspirado na obra de Fino Lorenzo: Encontro.

 

A serea cantora.

Un día, un home púxose a facer  un submarino para averiguar se existían as sereas. Acabado o submarino,  meteuse nel e botouno ao mar.

Na metade do camiño, encontrouse cunha serea. Á  serea gustáballe cantar,empezou a cantar e o home quedou marabillado coa súa voz.

O home  saiu do submarino para ir onda ela  , a serea  desapareceu e el afogou na auga sen que ninguén o puidera axudar.

Iván Señorís e Sergio Pérez. 4ºC



story | by Dr. Radut