Skip to Content

Conto inspirado na ilustración de Fino Lorenzo: Encontro.

 

O mariñeiro e a serea

 

Érase unha vez un mariñeiro que era moi listo e quería construir un submarino.

Púxose a traballar de sol a sol,e ao día seguinte rematou o submarino e foino probar ao fondo do mar,  para averiguar se as sereas existían.

Foi moi, moi lonxe da praia. Chegou a unha fortaleza moi bonita. Alí encontrou moitas sereas, colleu o seu equipo de buceo e foi cara elas.

As sereas asustáronse un pouco pero viron que non lles facía nada,e falaron con el.Fíxose amigo dunha das sereas e fixeron  unha festa moi grande, á que  acudiron moitas sereas.

El levara uns altavoces e un ordenador para poñer música.

Ao día seguinte tivo que marchar.A súa amiga non quería que marchase e acompañouno case ata á praia.

El xuroulle que volvería cada día a vela, e así foi.





Beatriz , Ana, Ángela e Brais Vigo .4ºC







story | by Dr. Radut