Skip to Content

Plantamos patacas

 Hoxe fomos sementar patacas, da variedade baraka, ao invernadoiro do colexio. O terreo xa estaba preparado. Xan e o noso compañeiro Brais explicáronnos como se plantaban as patacas, aínda que algún de nó xa sabiamos.

Fixemolo así:

1.Como a terra xa estaba abonada, fixemos un rego.

2. Brais díxonos que había que botar os anacos de pataca no rego co xermolo para arriba.

3. Tapamos as patacas con terra.

E agora a esperar. ¡A ver se  podemos  facer unha tortilla en xuño coa nosa colleita !

Iván Señorís Busto.



blog | by Dr. Radut