Skip to Content

Parque arqueolóxico de Campolameiro

O xoves 10 de maio, os nenos e nenas de terceiro e de cuarto fomos ao parque arqueolóxico de Campolameiro. Ao chegar fixemos tres grupos.Os de terceiro A fomos primeiro ao obradoiro de pan: moemos trigo con dúas pedras para facer fariña, fixemos o pan con fariña, auga e sal. Os monitores coceron a masa enriba dunha pedra que estaba no lume. Déronnos para probar ese pan con nocilla.

Tamén fomos ver os petroglifos, descubrimos que os prehistóricos tiñan animais máxicos coma o cervo. O cazaban pero non o comian. Pensaban que os debuxos das estrelas eran sinais dos espiritos. Fomos a un poboado prehístorico e nunha cabana vimos como facian lume con dúas pedras.

Despois de ver os petroglifos comimos nun campo os bocatas que levabamos e fomos ao interior do museo onde nos ensinaron para que servián cada un dos petroglifos e como se chamaban, despois vimos unha película. Ao final fomos ao laberinto.

Foi moi divertido porque aprendimos cousas que non sabiamos.

Olalla Peña, Manuel Baña e Ana Suárez.

Ver fotos



page | by Dr. Radut