Skip to Content

Matrícula 2012/13: Preinscripción de alumnado

Rematado o prazo de preinscripción do alumnado informamos que todo o alumnado que fixo a preinscripción para o curso 2012/13 foi admitido.

Preinscripción 2012/13
4º de Ed. Infantil 44
5º de Ed. Infantil 3
1º de Ed. Primaria 3
3º de Ed. Primaria 1
4º de Ed. Primaria 2
5º de Ed. Primaria 2

Admisión Comedor escolar:

  • Todo o alumnado que solicitou comedor sendo beneficiario de transporte escolar (+2 km do centro) terá praza no comedor escolar.
  • Todo alumnado da área de influenza do centro terá con case toda seguridade praza no comedor. (Alumnado de primaria empadronado en Brión e alumnado de infantil na área de influenza de Pedrouzos)
  • Todo o alumnado de Educación Infantil, da área de influenza das unitarias, que durante o curso 2011/12 disfrutou do servizo de comedor, terá con case toda seguridade praza no comedor.
  • O novo alumnado que solicitou matrícula para Educación Infantil, sendo da área de influenza das unitarias estará na lista de espera entre os postos 1 e 11.
  • O alumnado domiciliado noutros concello que durante o curso pasado e/ou cursos anteriores disfrutou de servizo de comedor estará na lista de espera dos postos 12 a 20.
  • Unha nova solicitude de matrícula para un alumno domiciliado noutro concello ocupará o posto nº 21 na lista de espera.

A admisión no comedor escolar é aínda provisional xa que a Consellería de Educación non remitiu as normas definitivas para o próximo curso 2012/13.

Recordamos que a matrícula definitiva no centro farase entre o 20 e 30 de xuño de 2012.

A finais de maio ou durante o mes de xuño convocarase unha "Xornada de portas abertas" e seguramente unha reunión informativa sobre o comedor escolar.

LISTA DE ESPERA NO COMEDOR ESCOLAR

AdxuntoTamaño
LISTA DE ESPERA COMEDOR 2012_13.pdf79.44 KB


page | by Dr. Radut