Skip to Content

Charla sobre paxaros

O pasado luns os rapaces e rapazas de 3º escoitamos con moita atención unha charla sobre paxaros que nos deu na biblioteca o experto Xosé M. Penas Patiño.
A verdade é que foi moi interesante. Dixonos que en Brión podíamos observar arredor de 80 especies de paxaros diferentes, que o mais pequeno de todos eles era o carrizo, e que se nos fixabamos ben  podiamos ver algún paxaro doutros países que chegaba a Brión perdido por causa do vento.
Tamén  comentounos que en pouco tempo empezaríamos a ver  anduriñas, pois ao ir subindo as temperaturas irían aparecendo por aquí.
Aprendemos moitas cousas, entre elas, que para saber  sobre os paxaros temos que observalos con moito detenimento e atención, e ademais ler e estudiar sobre eles.

foto de Patiño co grupo de alumnos



page | by Dr. Radut