Skip to Content

Portas Abertas ás Escolas Unitarias

O pasado día 24 de maio visitaron o colexio mestras e alumnos/as das Escolas Unitarias de Os Ánxeles, Sabaxáns e Bastavales. Xunto cos nenos e nenas de 5 anos e os seus mestres fixemos un xogo de presentación para coñecernos mellor na aula de psicomotricidade de Educación Infantil. Despois acompañamos os nosos convidados á biblioteca do centro onde Belén, a encargada, nos presentou a Lupiña, a mascota da biblioteca, nos explicou todo o que hai nela, nos puxo uns debuxos e, para rematar, unha nena de primaria nos contou un conto. Despois visitamos algunha das aulas de primeiro que serán as aulas dos nenos/as de 5 anos o ano que ven. Fomos a lavar as mans e merendar para despois xogar no patio de infantil durante o recreo. Despois fomos coñecer a sala de ordenadores, onde os nenos/as da escola mostraron ós das unitarias o manexo de algún dos programas de ordenador que usamos aquí. Máis tarde estivemos na aula de música e finalmente lavamos as mans de novo para ir ó comedor, non sen antes ler as normas de comportamento para o momento de xantar.

Na galería de imaxes da web tedes algunhas fotos dos mellores momentos desta visita. Podedes facer clic nesta foto e acceder directamente ó álbum.

Moitos saúdos!



blog | by Dr. Radut