Skip to Content

Comisión Mixta Xornada única

Informamos da formación dunha comisión mixta Profesorado-ANPA-Familias e Concello para o estudio e elaboración dun proxecto de Xornada Continuada para o CEIP. de Pedrouzos.

 

Prevese que arredor do día 18 de febreiro se presente o proxecto para a súa aprobación no Claustro de profesores/as e no Consello Escolar.

Agardamos a súa participación na elaboración do proxecto mandando as súas preguntas ou propostas a través do correo electrónico do centro (ceip.pedrouzos@edu.xunta.es), no apartado Suxerencias da páxina web do centro, no buzón da ANPA ou tamén a través do seus fillos/as. Todas as suxerencias serán valoradas nas reunións que semanalmente manten a comisión de traballo.

De ser aprobado no Consello Escolar e porteriormente pola Delegación provincial inicaremos unha campaña de divulgación e consultas coas familias a través de circulares, charlas divulgativas e reunións que se anunciarán debidamente.

Pedrouzos, 2 de febreiro de 2011

A comisión



page | by Dr. Radut