Hoxe 23 de febreiro para conmemorar o Día de Rosalía fixemos a presentación do lipdub "Cantando con Rosalía", no que participa todo o alumnado. A "Banda da Balbina" colaborou coa versión musical do poema "Has de cantar" de Rosalía de Castro adaptada á nosa escola. Agradecemos a súa colaboración así como a das familias que participaron na gravación e edición deste traballo. Agardamos que o disfrutedes tanto como o disfrutamos nós. BO DÍA DE ROSALÍA. |