Skip to Content

ENTRADAS E SAÍDAS DE ALUMNADO CURSO 2023-2024

O luns día 11 de setembro empezan as clases do novo curso 2023-2024 

O alumnado accederá ao recinto escolar e ás dependencias da escola, por diferentes portas, con vistas a facilitar o acceso do alumnado ao centro e ás aulas.

  •  O alumnado de infantil poderá acceder acompañado dun adulto ata a porta da entrada ao edificio de Educación infantil.
  •  O alumnado de primaria accederá só.

 ENTRADA E SAÍDA AO RECINTO ESCOLAR.

 ALUMNADO TRANSPORTADO EN BUS ESCOLAR:

  •  Porta da explanada de autobuses.

 ALUMNADO ACHEGADO POLAS FAMILIAS:

  • Porta explanada de autobuses: Educación Infantil.
  • Porta principal de acceso ao recinto escolar: 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • Porta peonil fronte parque de bombeiros: 4º , 5º e 6º Educación Primaria.

 ENTRADA E SAÍDAS AO EDIFICIO ESCOLAR

  • Porta principal de Infantil: Alumnado de Infantil.
  • Porta principal fronte á cancela de entrada peonil ao centro: 1º , 2º e 3º de Primaria.
  • Porta ao carón da biblioteca : 4º, 5º e 6º de Primaria.

 HORARIOS 

ALUMNADO TRANSPORTADO

INFANTIL E PRIMARIA

ENTRADA

SAÍDA

9.30 a 9.45 h

16.30 h

ALUMNADO NON TRANSPORTADO

ENTRADA

SAÍDA

INFANTIL: 9,45 a 9,55 h

INFANTIL: 14,40 H

PRIMARIA: 9,30 a 9,45 h

PRIMARIA: 14,45 H

ALUMNADO COMEDOR, NON TRANSPORTADO

SAÍDAS: ás 15,30 horas e ás 16,30 horas.

 

O acceso ao centro péchase ás 9.50 horas para o alumnado de primaria. 

En caso de chegar con retraso, deberán agardar ata as 10.35 horas (inicio da 2ª sesión lectiva).

 

SAÍDA PARA ALUMNADO DE PRIMARIA NON TRANSPORTADO CON IRMÁNS/IRMÁS NO CENTRO. 

  • AS ENTRADAS NON SE MODIFICAN. Cada alumno/a entra pola porta que lle corresponde segundo o seu curso.

  • O alumnado de infantil debe ser recollido na porta de infantil.

  • SÓ PARA IRMÁS/IRMÁNS DE PRIMARIA. Os irmáns/irmás de primaria sairán pola porta que lle corresponde ao de menor idade.

 

Estos horarios non afectan ao alumnado de 4º de Educación de Infantil (Período de adaptación). 



page | by Dr. Radut