Skip to Content

INFORMACIÓN CURSO 2020-21 (Resumo Protocolo COVID)

CEIP Plurilingüe de PEDROUZOS

Pedrouzos, s/n. 15865 Brión.

ceip.pedrouzos@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipdepedrouzos

Tfno.: 881-866078

O xoves 10 de setembro comezamos o curso escolar 2020-21.

Ese día, incorporarase o alumnado de:

  • 4º e 5º de educación infantil

  • 1º, 2º e 3º de educación primaria

O venres 11 de setembro incorporarase o alumnado de:

  • 6º de educación infantil

  • 4º, 5º e 6º de educación primaria

 PORTAS DE ENTRADA E SAÍDA DO ALUMNADO:

O alumnado transportado accederá polo portalón dos buses e logo dirixiranse a súa porta.

O alumnado achegado polas familias, accederá pola cancela principal que da á urbanización.

  • Alumnado de INFANTIL: Porta asignada no seu edificio, previa entrada polo portalón dos autobuses. O horario para o alumnado achegado polas familias é de 9:50h a 10:00h.

  • Alumnado de 1º e 2º de PRIMARIA: Porta que da ao acceso peatonal.

  • Alumnado de 4º e 6º de PRIMARIA: Porta que da ao aparcadoiro do profesorado.

  • Alumnado de 3º e 5º de PRIMARIA: Porta da 1ª planta que da acceso ao comedor.

 HORARIO:

  • 9:30h: Apertura de portalóns para acceso do alumnado ao centro.

    Deben entrar sós, con máscara e seguindo a sinalización disposta no chan.

    As familias non poden acceder ao centro agás que acompañen a alumnado de infantil, e neste caso será un só acompañante, ou sexa requerida a súa presenza polo mestre titor/a, Dirección ou Orientación.

    Haberá profesorado distribuído polos accesos para axudar e dirixir ao alumnado.

  • 9:45h: inicio horario lectivo.

 ** O alumnado de 1º de primaria que se incorpora o 10 de setembro, entrará ás 10:15h empregando o acceso peatonal e accedendo pola porta asignada. Haberá profesorado que o acompañe ata a súa aula.

 No caso de vir no transporte (9:30h), será acompañado polo profesorado ata a súa aula.

 Ao longo da próxima semana, os titores e titoras irán poñéndose en contacto coas familias.

Prégase se manteñan atentos á web do centro, xa que se irán actualizando as instrucións á maior brevidade posible.

Neste enlace poden consultar o  PROTOCOLO actual sobre a organización dos centros.

AdxuntoTamaño
Guia_resumo_protocolo_setembro_centros_educativos.pdf1.19 MB


page | by Dr. Radut