Skip to Content

XERAMOS ENERXÍA CON LIMÓNS

Nesta pŕactica, traballamos os procesos de xeración de enerxía eléctrica. Para iso, empregamos limóns e patacas. O alumnado puido comprobar e medir coa axuda dun polímetro a enerxía eléctrica que xeraban ambos. Tamén mediron a enerxía electrica ao conectar varios limóns e patacas en serie, e observaron como a enerxía total era a suma de ambos.

 Posteriormente, construíron pequenos circuitos eléctricos para acender un diodo led. O obxectivo  era experimentar e determinar cantos limóns precisaban para que éste se acendera.

  
   


blog | by Dr. Radut