Skip to Content

Arume, Nuria, Daniel, Iván, Ainhoa e Hugo cóntannos o que fan nestes días de corentena.

 

                                                                                                 

Eu abúrrome na casa. Estes días non me gustan, son aburridos. Boto de menos a escola e sobre todo aos meus amigos.

Nestes días xogo coa miña irmá a patinar e ao fútbol. Unha mañá, os catro arrincamos herbas do patio, e molou moito. Ás veces tamén xogamos a un xogo de ioga.

Arume Leis

 

 Este é o 7º día de corentena, de momento estouno levando ben. Tódolos días levántome cedo e fago as tarefas que manda a profesora.

Pola tarde saio ao xardín e o paso xenial coa miña familia, xogamos a xogos de mesa, ao baloncesto e a moitas cousas máis. Todas as noites vemos unha película en familia, e logo a durmir.

 Aínda que estou ben, bótovos de menos.

Nuria Villamarín

 

Levántome ás nove e media, almorzo zume de laranxa e galletas, logo ás dez vexo Clan. Despois fago os deberes ata as 12. A partir das 12 hai recreo, no recreo saímos a xogar ao fútbol e merendamos. Logo volvo facer os deberes ata ás dúas, ás 2 comemos e despois, os meus pais  nos deixan a tablet ao meu irmán e a min, dependendo do que traballaramos.

Ás 4 meu irmán e eu  facemos unha hora de deberes e ás 5 saimos a xogar ou vemos a tele, despois xogamos en familia a xogos de mesa coma o parchís, as cartas...

Á noitiña duchámonos, ceamos, e nos deixan ver a tele ata ás 10 da noite. Por último imos durmir.

 Daniel Rodríguez

 

 

Levántome da cama, despois almorzo. Máis tarde fago deberes de Lengua, Mates, etc., logo xogo un pouco, como  e descanso.

 Pola tarde merendo, fago deberes e logo xogo ao fútbol. Para rematar o día, ceo e vou para a cama.

 A min o Coronavirus aféctame, pero non coma a outros nenos que están encerrados no piso. Eu vivo na aldea, nunha casa e teño coellos,galiñas e dous cans e vou á horta, que están plantando patacas ; así vou pasando o día, un pouco dentro, outro pouco fóra.

 Iván Grille

 

 

 

Hoxe, o 26 de marzo de 2020, é o décimo oitavo día de corentena.

 Coma sempre, erguinme e fixen a cama, levantei ao meu irmán Manuel e dinlle o almorzo. Cambieille o cueiro e laveille ben a cara, xogamos un pouco e levantouse o meu pai.

 Ao mediodía puxen a mesa e comemos lasaña. Despois de comer fun lavar os dentes. Despois dun pouco,  tiven unha clase de guitarra. Cando terminou a clase, fixen os deberes. Logo merendei, fomos todos para abaixo e xoguei no columpio. Máis tarde chamáronme as miñas amigas e falei con elas por vídeochamada.

 Antes de cear, xogamos a familia un pouco ao balón, logo fun poñer a mesa para cear. Ceamos, vimos un pouco a tele e por último lavei os dentes e fun para a cama.

 

Ainhoa Grossi

Eu cando esperto vou ao salón ver os debuxos da televisión. Cando rematan os debuxos vou almorzar. Despois fago as tarefas que envía miña mestra e estudo un pouco Naturais. Se teño tempo libre xogo cos meus xoguetes ata a hora de xantar.

Pola tarde fago Smartick, unha app para aprender matemáticas,  no ordenador. Nesta tempada, como non fago actividades físicas, exercítome na bicicleta elíptica durante 15 minutos. Se me sobra tempo, xogo con papá e mamá ás peonzas.

Cando se está facendo noite, ceo e vou para cama durmir.

Hugo Uzal

 

 

 

 

 

 

 



story | by Dr. Radut